O deputado de Cultura Jorge Cubela participa na inauguración do programa “Jóvenes en acción”, do Rotary Club Pontevedra

adminON
Lectura mínima de 1

O deputado de Xuventude, Jorge Cubela, participou esta tarde no Liceo Casino de Pontevedra na xornada de inauguración do programa “Jóvenes en acción”, do Rotary Club Pontevedra, que cumpre tres anos “inculcando entre a mocidade valores fundamentais e habilidades que contribúen ao desenvolvemento sostible e á mellora da sociedade”, e na que xa participaron nas últimas edicións máis de 150 participantes e 100 asociacións.

O deputado provincial aproveitou a ocasión para tender a man da Deputación aos mozos da provincia: “Queremos axudarvos en todo o que precisedes e precisamente por iso este ano puxemos en marcha un novo servizo de Xuventude”, asegurou, ao tempo que lembrou algunhas das iniciativas do goberno provincial como o Plan + Xuventude, a primeira liña de subvencións para asociacións xuvenís; ou, entre outras, a liña de axuda dirixida a concellos de reto demográfico para equipar locais xuvenís de titularidade municipal.

Comparte este artigo