O deputado provincial Javier Tourís acaba de reunirse en Santiago con responsables de Augas de Galicia. Trátase da primeira xuntanza para explorar as vías de colaboración entre a institución provincial e a Xunta en relación cun proxecto pioneiro que se vai poñer en marcha para mellorar as traídas de auga. Durante o encontro, Tourís aproveitou a ocasión para remarcar a importancia da cooperación entre ambas institucións en favor das comunidades de usuarios de auga da provincia de Pontevedra.

