O deputado de Reto Demográfico, Xuventude e Desenvolvemento Rural, Jorge Cubela, acaba de recibir a un grupo de alumnos e profesores da Escola Superior Agrária de Ponte de Lima, Portugal, na súa visita á Estación Fitopatolóxica Areeiro. Durante a visita percorreron tanto a zona de recepción de mostras, como a sección de artrópodos, fungos ou virus e bioloxía molecular, así como a de solo, froiteiras e ornamentais. “Estou seguro de que este percorrido vos será de utilidade para a materia de Protección de Culturas na Agricultura Ecolóxica que estades a cursar no marco do Mestrado en Agricultura Ecolóxica”, afirmou Jorge Cubela quen tamén agradeu ao profesorado da Escola Superior Agrária de Ponte de Lima “que nos tivese en conta para programar esta visita. Estamos encantados de colaborar cos centros formativos e con estudos que, como o que estades a cursar, axudan a mellorar o sector agrario”.

