Home Deputacións Deputación Ourense O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación...

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025, con 105,1 M€

- Anuncio -

Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis

O Plan CooperOU figura cunha dotación íntegra para todo o exercicio: 18 M€

No capítulo de investimentos, con case 9,9 M€, destacan as partidas dirixidas a augas e medio ambiente, con 3,2 M€, ou vías provinciais con 4,5 M€ (neste exercicio era de 1,5 M€)

O equipo de goberno de Luis Menor presentou hoxe na Comisión Especial de Contas, Facenda e Recursos Humanos o proxecto de orzamentos para 2025, que por primeira vez na historia da institución supera os cen millóns de euros. En concreto, a proposta económica alcanza os 105,1 millóns, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis.

Trala posta en marcha o pasado ano, o Plan CooperOU figura cunha dotación íntegra para todo o exercicio: 18 millóns de euros, dos que 10,8 proceden do capítulo cuarto de transferencias correntes e o resto, 7,2 millóns do apartado sétimo de transferencias de capital.

No capítulo 2º, de gasto corrente, bens e servizos para o funcionamento da entidade, os orzamentos provinciais destinan case 25,8 M€ (25.798.370,58 €), un 10,79 % máis e un 24,40 % sobre o total do orzamento. Entre os principais apartados deste capítulo figuran preto de 8 M€ destinados a Medio Ambiente; 4,18 M€ a Vías e Obras, parque de maquinaria e cooperación; 3,3 M€ a Cultura; 1,2 a Benestar e case 1 millón a Deportes.

O capítulo IV, de transferencias correntes, está dotado con 21,7 millóns (21.746.707,69 €), un 3,28 % máis e un peso no conxunto do orzamento do 20,69 %. Cabe mencionar entre as partidas máis importantes os 3 M€ destinados aos GES e o Consorcio contra Incendios e de Salvamento; 2,4 M€ para o Inorde; 2,3 M€ para acción social con concellos (SAF) e entidades; e 1,16 M€ para fomento do deporte, ademais dos 10,8 M€ xa citados para o Plan CooperOU.

Polo que respecta ao capítulo VI, de investimentos, consígnanse case 9,9 M€ (9.885.921,73). Destacan as partidas dirixidas a augas e medio ambiente, con 3,2 M€; vías provinciais con 4,5 M€ (neste exercicio era de 1,5 M€); 680.000 euros para o parque móbil e de maquinaria; e 756.000 para cultura e deporte.

No capítulo 7, transferencias de capital, hai que subliñar que a totalidade dos recursos, é dicir 7.240.000 €, van destinados ao Plan CooperOU.

O capítulo primeiro, correspondente a persoal, ten asignada a maior partida económica con máis de 39,8 M€ (39.829.000 €), o que supón un peso do 37,90 % sobre o conxunto do proxecto económico para 2025. O incremento nesta partida será de 1,3 M€ (3,45 %), motivado fundamentalmente pola aplicación das actualizacións salariais dos empregados públicos aprobada polo goberno central.

Compre sinalar que 16,52 M€ (o 41 % do orzamento do capítulo primeiro) corresponden ao persoal adscrito aos servizos de vías e obras e do parque de maquinaria (11,3 M€); recollida de lixo (4,4 M€); e zonas verdes (829.732 €). Trátase precisamente dos tres servizos que diferencian á Deputación de Ourense do resto de institucións provinciais galegas, xa que estes traballos non están externalizados, prestándose no caso ourensán baixo xestión pública directa.

Con todo, a cantidade que suman os capítulos 1º e 2º do orzamento de 2025 representa unha redución do 2,02 % con respecto ao presente exercicio: 64,32 % este ano fronte o 62,30 % para o próximo.

Relacionadas

O comité para desbloquear o transporte metropolitano avanza na reordenación dun mapa que dará...

0
Tralo terceiro encontro de traballo cos concellos da comarca de Ourense implicados no proceso, o presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou que “imos no...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que...

0
Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García,...

Luis López fai balance dos investimentos da Deputación no sur da provincia: 23 M€...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada Nava Castro, inicia en Ponteareas unha rolda de encontros informativos comarcais para repasar os proxectos e programas postos...

A Deputación proxecta este venres o filme “Matria” en Moraña no marco do Ciclo...

0
A película poderán verse este venres no Edificio Multiúsos ás 20:00 horas O ciclo, organizado pola institución provincial en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual,...

O 29 de novembro terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel o Seminario sobre...

0
Os concellos ourensáns que forman parte deste futuro AECT serán Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobios,  Lobeira, Baltar, Padrenda, Verea, Quintela do Leirado, Muíños,...

Rafa Domínguez participa na reunión do Comité Organizador do Tríatlon Multideporte 2025

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este mércores na reunión do Comité Organizador do Campionato do Mundo de Tríatlon Multideporte que...

Publicacións Relacionadas