Home Deputacións Deputación Ourense O IES de Vilamarín acollerá unha sesión especial da ICCWeek coa presenza...

O IES de Vilamarín acollerá unha sesión especial da ICCWeek coa presenza de seis nomes ourensáns referentes na restauración nacional

- Anuncio -

O reposteiro Martín Sousa, os chefs Miguel González, Daniel Guzmán e Francisco Domínguez, e os baristas Willy Gómez e Damián Seijas -embaixador de Nespresso España-, manterán un intenso encontro co alumnado do IES de Vilamarín, no que compartirán as súas experiencias

Esta actividade, que conxugará diálogo, aprendizaxe e práctica, terá lugar o xoves 28 de abril, a partir das 09,00 horas. Será no IES de Vilamarín, escola de referencia da Formación Profesional en restauración e turismo

A Ourense ICC Week, organizada pola Deputación de Ourense e que comezará o próximo día 22 de abril, cumpre así co obxectivo, non só de acercar ata aquí aos nomes máis relevantes a nivel nacional das industrias creativas e culturais senón de amosar tamén o gran talento que existe na propia provincia e que é recoñecido máis alá das súas fronteiras

A restauración e o turismo son dous dos piares básicos do futuro dunha provincia coma a ourensá. Para formar profesionais de excelencia, o IES Vilamarín -escola de referencia creada no ano 1988- ofrece un amplo programa de formación e ten a honra de contar cunha nómina de ex alumnos que xa son grandes referentes na restauración nacional.

A Ourense ICC Week, fiel ao seu obxectivo de fomentar e recoñecer o talento propio, organiza un interesante encontro teórico-práctico. Terá lugar entre o alumnado da escola e seis profesionais ourensáns, referentes xa a nivel nacional e con importantes galardóns no seu haber. O evento será o xoves 26 de abril, a partir das 09,00 horas no propio centro de Vilamarín.

Os chefs Daniel Guzmán, Francisco Domínguez e Miguel González; o barista e “bartender” Willy Gómez; o embaixador de Nespresso en España, Damián Seijas e o reposteiro Martín Sousa compartirán cos futuros profesionais a súa experiencia persoal e a loita ata conquerir o éxito. O encontro será unha mestura de teoría, diálogo e práctica con demostracións en directo.

PARTICIPANTES

WILLY GÓMEZ. BARISTA E “BARTENDER”

Comeza no mundo da hostalería por herdanza familiar. Ao principio a profesión non lle gustaba moito, xa que era hostalería clásica, e tentaba escapar o máximo posible do bar do seu pai. Ao comezar seus estudos neste sector, participou en competicións de barista e “bartender”, e tamén nalgunha de xefe de sala. Compaxinábaos con traballos relacionados co café e coa coctelería. Rematados os estudos, comezou como formador para diferentes empresas. Gañou varios premios, coma o de subcampión panamericano de coctelería, campión nacional de coctelería con café por Fórum do Café e moitos outros. Hoxe ten varias empresas relacionadas co mundo da hostalería. O seu último proxecto é Astro Café Roasters, un pequeno tostadero de café de especialidade situado na Coruña ao que o acompañan dous “coffee shops”.

l

FRANCISCO DOMÍNGUEZ. CHEF DO PACÍFICO

É a terceira xeración dunha familia de hostaleiros, polo que dende moi novo tivo claro a súa vocación. No seu último ano de Hostalería, en Ourense abriu un restaurante, O Galileo, ao que asegura débelle a maior parte do aprendido e fíxolle entender outro tipo de hostalería. Traballou neste negocio dende o primeiro día de apertura, combinando os seus estudos universitarios e adicándolle os fins de semana e as vacacións, ata que, no ano 2006, logrou 2 soles Repsol. No 2004 iniciou a súa andaina como docente, sen deixar de traballar no restaurante. Durante os anos 2006 e 2007 representou á cociña galega, a través da Xunta de Galicia, en Nova York e México. Dende 2007 ten realizado “stages” de colaboración e aprendizaxe en Lisboa, Porto, Roma, Málaga, San Sebastián, Santiago e outros lugares. En 2012 faise cargo do negocio familiar, O Pacífico, ao que aporta a súa visión gastronómica cunha exitosa acollida por parte dos clientes. Entre os últimos recoñecementos acadados, atópase ser “Restaurante con recomendación” de Repsol.

DAMIÁN SEIJAS. EMBAIXADOR DE NESPRESSO ESPAÑA

Tras tres anos na Escola de Vilamarín, traballou como cociñeiro en Casa Marcelo e A Rexidora. Co tempo, Damián converteuse nun dos mellores baristas profesionais especializados na elaboración da bebida do café, e obtivo o título de campión de Galicia e España de barista. Foi embaixador da empresa Monin (siropes e coctelería) e de Lactalis. Na actualidade é o embaixador de café de Nespresso España.

MARTÍN SOUSA. CONFITERÍA MILHOJAS

Rexenta a Confitería Milhojas, negocio familiar do que é a cuarta xeración. A cociña é a súa paixón: é innovador tanto no tocante aos sabores como nas técnicas a empregar, sempre desde o respecto á tradición. O seu obxectivo na Confitería Milhojas é elaborar unha grande variedade de produtos para que a xente poida escoller entre a tradición que avala este antigo negocio, e as receitas máis de vangarda. Na inspiración do seu arte culinario están elementos propios de Ourense, como a castaña ou a Praza de San Martiño.

MIGUEL GONZÁLEZ. CHEF DO RESTAURANTE MIGUEL

Unha estrela Michelin e un Sol Repsol avalan a calidade do restaurante que rexenta e que leva o seu nome. Ademais está na lista dos 100 mellores restaurantes de España. Miguel González tamén xestiona o Hotel Rústico San Jaime, en Pereiro de Aguiar. Tivo unha traxectoria moi intensa, que vai desde un programa de cociña en TVE dentro de “España Directo” ata o seu rol de organizador do Encontro Bioceánico Hispano-americano de Gastronomía. Entre os seus numerosos premios está o de Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia e o Gorro de Ouro da Toques Blanche.

DANIEL GUZMÁN. CHEF DO RESTAURANTE NOVA

No 2012 abre xunto co seu primo Julio Sotomayor o restaurante Nova, co que logra unha Estrela Michelin no ano 2014 e un Sol Repsol no 2015. Galardóns que manteñen na actualidade. De familia de cociñeiros, cursou os seus estudos no IES Vilamarín. Fórmase nos fogóns de diferentes establecementos ourensáns, coma o Restaurante Sanmiguel ou o Hotel San Clodio. Máis tarde trasládase ata Cataluña, antes de traballar na primeira estrela do Restaurante A Rexidora, de Javier González.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas