Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense O IES de Vilamarín acollerá unha sesión especial da ICCWeek coa presenza...

O IES de Vilamarín acollerá unha sesión especial da ICCWeek coa presenza de seis nomes ourensáns referentes na restauración nacional

- Anuncio -

O reposteiro Martín Sousa, os chefs Miguel González, Daniel Guzmán e Francisco Domínguez, e os baristas Willy Gómez e Damián Seijas -embaixador de Nespresso España-, manterán un intenso encontro co alumnado do IES de Vilamarín, no que compartirán as súas experiencias

Esta actividade, que conxugará diálogo, aprendizaxe e práctica, terá lugar o xoves 28 de abril, a partir das 09,00 horas. Será no IES de Vilamarín, escola de referencia da Formación Profesional en restauración e turismo

A Ourense ICC Week, organizada pola Deputación de Ourense e que comezará o próximo día 22 de abril, cumpre así co obxectivo, non só de acercar ata aquí aos nomes máis relevantes a nivel nacional das industrias creativas e culturais senón de amosar tamén o gran talento que existe na propia provincia e que é recoñecido máis alá das súas fronteiras

A restauración e o turismo son dous dos piares básicos do futuro dunha provincia coma a ourensá. Para formar profesionais de excelencia, o IES Vilamarín -escola de referencia creada no ano 1988- ofrece un amplo programa de formación e ten a honra de contar cunha nómina de ex alumnos que xa son grandes referentes na restauración nacional.

A Ourense ICC Week, fiel ao seu obxectivo de fomentar e recoñecer o talento propio, organiza un interesante encontro teórico-práctico. Terá lugar entre o alumnado da escola e seis profesionais ourensáns, referentes xa a nivel nacional e con importantes galardóns no seu haber. O evento será o xoves 26 de abril, a partir das 09,00 horas no propio centro de Vilamarín.

Os chefs Daniel Guzmán, Francisco Domínguez e Miguel González; o barista e “bartender” Willy Gómez; o embaixador de Nespresso en España, Damián Seijas e o reposteiro Martín Sousa compartirán cos futuros profesionais a súa experiencia persoal e a loita ata conquerir o éxito. O encontro será unha mestura de teoría, diálogo e práctica con demostracións en directo.

PARTICIPANTES

WILLY GÓMEZ. BARISTA E “BARTENDER”

Comeza no mundo da hostalería por herdanza familiar. Ao principio a profesión non lle gustaba moito, xa que era hostalería clásica, e tentaba escapar o máximo posible do bar do seu pai. Ao comezar seus estudos neste sector, participou en competicións de barista e “bartender”, e tamén nalgunha de xefe de sala. Compaxinábaos con traballos relacionados co café e coa coctelería. Rematados os estudos, comezou como formador para diferentes empresas. Gañou varios premios, coma o de subcampión panamericano de coctelería, campión nacional de coctelería con café por Fórum do Café e moitos outros. Hoxe ten varias empresas relacionadas co mundo da hostalería. O seu último proxecto é Astro Café Roasters, un pequeno tostadero de café de especialidade situado na Coruña ao que o acompañan dous “coffee shops”.

l

FRANCISCO DOMÍNGUEZ. CHEF DO PACÍFICO

É a terceira xeración dunha familia de hostaleiros, polo que dende moi novo tivo claro a súa vocación. No seu último ano de Hostalería, en Ourense abriu un restaurante, O Galileo, ao que asegura débelle a maior parte do aprendido e fíxolle entender outro tipo de hostalería. Traballou neste negocio dende o primeiro día de apertura, combinando os seus estudos universitarios e adicándolle os fins de semana e as vacacións, ata que, no ano 2006, logrou 2 soles Repsol. No 2004 iniciou a súa andaina como docente, sen deixar de traballar no restaurante. Durante os anos 2006 e 2007 representou á cociña galega, a través da Xunta de Galicia, en Nova York e México. Dende 2007 ten realizado “stages” de colaboración e aprendizaxe en Lisboa, Porto, Roma, Málaga, San Sebastián, Santiago e outros lugares. En 2012 faise cargo do negocio familiar, O Pacífico, ao que aporta a súa visión gastronómica cunha exitosa acollida por parte dos clientes. Entre os últimos recoñecementos acadados, atópase ser “Restaurante con recomendación” de Repsol.

DAMIÁN SEIJAS. EMBAIXADOR DE NESPRESSO ESPAÑA

Tras tres anos na Escola de Vilamarín, traballou como cociñeiro en Casa Marcelo e A Rexidora. Co tempo, Damián converteuse nun dos mellores baristas profesionais especializados na elaboración da bebida do café, e obtivo o título de campión de Galicia e España de barista. Foi embaixador da empresa Monin (siropes e coctelería) e de Lactalis. Na actualidade é o embaixador de café de Nespresso España.

MARTÍN SOUSA. CONFITERÍA MILHOJAS

Rexenta a Confitería Milhojas, negocio familiar do que é a cuarta xeración. A cociña é a súa paixón: é innovador tanto no tocante aos sabores como nas técnicas a empregar, sempre desde o respecto á tradición. O seu obxectivo na Confitería Milhojas é elaborar unha grande variedade de produtos para que a xente poida escoller entre a tradición que avala este antigo negocio, e as receitas máis de vangarda. Na inspiración do seu arte culinario están elementos propios de Ourense, como a castaña ou a Praza de San Martiño.

MIGUEL GONZÁLEZ. CHEF DO RESTAURANTE MIGUEL

Unha estrela Michelin e un Sol Repsol avalan a calidade do restaurante que rexenta e que leva o seu nome. Ademais está na lista dos 100 mellores restaurantes de España. Miguel González tamén xestiona o Hotel Rústico San Jaime, en Pereiro de Aguiar. Tivo unha traxectoria moi intensa, que vai desde un programa de cociña en TVE dentro de “España Directo” ata o seu rol de organizador do Encontro Bioceánico Hispano-americano de Gastronomía. Entre os seus numerosos premios está o de Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia e o Gorro de Ouro da Toques Blanche.

DANIEL GUZMÁN. CHEF DO RESTAURANTE NOVA

No 2012 abre xunto co seu primo Julio Sotomayor o restaurante Nova, co que logra unha Estrela Michelin no ano 2014 e un Sol Repsol no 2015. Galardóns que manteñen na actualidade. De familia de cociñeiros, cursou os seus estudos no IES Vilamarín. Fórmase nos fogóns de diferentes establecementos ourensáns, coma o Restaurante Sanmiguel ou o Hotel San Clodio. Máis tarde trasládase ata Cataluña, antes de traballar na primeira estrela do Restaurante A Rexidora, de Javier González.

Relacionadas

Luisa Sánchez destaca o “poder transformador da cultura e da arte” na inauguración da...

0
A vicepresidenta provincial remarcou o compromiso da institución co “talento creativo da provincia” na apertura da mostra “Sobre debuxar, fiar e habitar”, que poderá...

Luis Menor felicita a Telecinco Cinema polo Premio OUFF Televisión

0
O presidente provincial pon en valor a cooperación forxada entre a Deputación e Mediaset, manifestando a súa confianza en que con este novo recoñecemento...

Máis de 230 alumnos matriculados no novo curso da Escola de Artes e Oficios...

0
A Escola de Artes e Oficios da Deputación abriu esta tarde o curso académico 2024-2025 nas súas instalacións da rúa da Canle, onde se...

A Xunta reafirma o seu apoio á Feira de Artesanía de Cortegada que chegará...

0
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, mantivo hoxe un encontro en...

Luis López salienta que as case 300 compañías e máis dun cento de actuacións...

0
O presidente provincial, xunto co deputado de Cultura, Jorge Cubela, presenta diante de alcaldes e concelleiros de toda a provincia esta novidosa iniciativa, dotada...

Luis López asiste en Pontevedra ao acto de celebración dos Santos Ángeles Custodios, patróns...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu ao acto institucional de celebración dos Santos Ángeles Custodios, patróns da Policía Nacional, que tiveron...

Publicacións Relacionadas