Home Ourense Allariz-Maceda O III Trail de Paderne de Allariz reunirá a 200 corredores nunha...

O III Trail de Paderne de Allariz reunirá a 200 corredores nunha proba solidaria a favor de Cruz Vermella

- Anuncio -

A carreira consta de dous circuítos de 25 e 14 quilómetros, con saída e chegada na praza do concello, para as categorías absoluta, senior e veteranos tanto en modalidade masculina como feminina

Esta é a segunda das probas programadas dentro da recen estreada liga provincial de trail, que este ano consta de 16 probas

Douscentos corredores, segundo os cálculos da organización, participarán o domingo 13 de marzo no III Trail de Paderne de Allariz que, en dous circuítos de diferente lonxitude, discorrerá polos montes do municipio nunha proba de carácter solidario a favor de Cruz Vermella. A carreira foi presentada esta mañá no Pazo Provincial polo vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde de Paderne de Allariz, José Manuel Fernández; o xerente do club organizador RunManiak, Lalo Arce; e a representante do comité comarcal da Cruz Vermella-Maceda, María Jesús Rodríguez.

O terceiro Trail de Paderne consta de dous circuítos de 25 e 14 quilómetros, con saída e chegada na praza do concello, para as categorías absoluta, senior e veteranos tanto en modalidade masculina como feminina. A organización confía en alcanzar os 200 participantes, cifra que está a piques de alcanzar. A data límite de inscrición é o 9 de marzo, e ao se tratar dunha proba de carácter solidario dous euros de cada unha das inscricións irán destinados a Cruz Vermella.

Esta é a segunda das probas programadas dentro da recen estreada liga provincial de trail, que este ano consta de 16 carreiras, formato adoptado para organizar un calendario que facilite a participación dos afeccionados nos distintos eventos deportivos que se celebran por toda a xeografía ourensá.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con...

0
Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás O Pavillón...

Luis López anuncia un investimento de 1,5 millóns de euros en tres anos no...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada de Turismo, Nava Castro, detallou o contido dun plan que contempla a renaturalización da contorna, o deseño de...

A Deputación aproba máis de 100.000 euros para realizar melloras nas infraestruturas deportivas da...

0
O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas xa mobilizou máis de 930.000 euros entre os concellos da provincia A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar axudas...

Publicacións Relacionadas