Home Terra de Celanova Cartelle O mellor fútbol sala feminino regresa a Cartelle, co apoio da Deputación,...

O mellor fútbol sala feminino regresa a Cartelle, co apoio da Deputación, no II Torneo Internacional Ourensanía

- Anuncio -

Na presentación do evento, Manuel Baltar expresou a súa satisfacción pola cooperación entre a Deputación e a Xunta, “compañeiros de viaxe nunha cita que sitúa á provincia como un territorio perfectamente apto para o deporte de alto nivel”

O alcalde, Jaime Sousa, cualificou este torneo como “un dos trofeos máis importantes de Europa, que se celebra no pobo do fútbol sala feminino”

Os días 3 e 4 de setembro, no pavillón de deportes Piño Vilachá de Outomuro, daranse cita catro equipos: Cidade das Burgas; MSC Torreblanca de Melilla; CD Burela; e o campión italiano Cittá di Falconara

Catro equipos de fútbol sala feminino procedentes de Galicia, Melilla e Italia participarán no II Torneo Internacional Ourensanía-Concello de Cartelle, que se disputará os días 3 e 4 de setembro no pavillón de deportes Piño Vilachá de Outomuro. A competición foi presentada esta mañá no Pazo Provincial polo presidente da Deputación, Manuel Baltar; acompañado polo alcalde, Jaime Sousa; o coordinador de deporte escolar da Xunta de Galicia en Ourense, Carlos Bericat; e mailo organizador do torneo, José Ángel Baliñas.

Manuel Baltar puxo en valor a consolidación deste evento “grazas á capacidade de proposta” do Concello e do seu alcalde, “convertendo de novo a Cartelle na capital do fútbol sala feminino”. Baltar expresou a súa satisfacción pola cooperación entre a Deputación e a Xunta de Galicia, “compañeiros de viaxe nunha cita que sitúa á provincia como un territorio perfectamente apto para o deporte de alto nivel, dentro dese ecosistema deportivo polo que apostamos”.

Jaime Sousa, agradecido por contar co apoio da Deputación e da Xunta, cualificou este torneo como “un dos trofeos máis importantes de Europa, que se celebra, tal e como di un cartel á entrada de Cartelle, no pobo do fútbol sala feminino”. Para Carlos Bericat, competicións destas características contarán sempre co apoio da Xunta, “xa que axudan á promoción do deporte feminino e xeran unha base importante para manter equipos de gran nivel”.

“Un cartel de auténtico luxo”, valorou José Ángel Baliñas á hora de detallar os equipos participantes neste torneo: Cidade das Burgas; MSC Torreblanca F.S. de Melilla; CD Burela; e o campión italiano Cittá di Falconara.

Relacionadas

Luis López sinala o turismo e a hostalaría como dous motores para o desenvolvemento...

0
O presidente da Deputación participa na entrega de premios aos profesionais do sector que organizan as asociacións provinciais de empresarios da hostalaría e hospedaxe A...

A Deputación avanza na redacción do novo viario de conexión entre a EP-4001 Ponteareas-Guillade...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con membros do Goberno e técnicos do Concello de Ponteareas para avanzar neste proxecto...

Luis Menor na Casa de Galicia en Madrid: “O AVE é ese factor de...

0
O presidente da Deputación participou esta tarde na capital do Estado na presentación do libro “Ourense, ”, do escritor e xornalista ourensán Moncho Conde...

O deputado de Cultura Jorge Cubela reúnese coa editorial Galaxia para explorar vías de...

0
O deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela, mantivo este luns no Pazo provincial unha reunión con responsables da editorial Galaxia. A...

O deputado de Cultura Jorge Cubela mantén un encontro con responsables do Museo do...

0
O deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela, reunise este luns con responsables do Museo do Pobo Galego. No encontro de traballo...

A Deputación comeza coas obras de conservación e restauración do cruceiro das Ruínas de...

0
O vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, recordou que se trata “dun dos poucos cruceiros góticos existentes en Galicia, unha peza moi delicada cunha gran colonización...

Publicacións Relacionadas