Home Pontevedra Caldas O mes de xullo chega á comarca de Caldas con seis espectáculos...

O mes de xullo chega á comarca de Caldas con seis espectáculos da Deputación sobre Florencio Delgado Gurriarán dentro da programación das Letras Galegas

- Anuncio -

As representacións comezarán este venres día 1 en Cuntis ás 21 horas na Praza das Árbores e o 2 en Pontecesures ás 11 da mañá na ‘Plazuela’

As actividades das Letras Galegas organizadas dende os servizos de Lingua e Memoria da Deputación de Pontevedra chegarán este mes de xullo a seis concellos da comarca de Caldas para dar a coñecer a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán. O espectáculo ‘De Valdeorras a México. Terra A Nosa’, representando por ‘Polo Correo do Vento’, estará este venres día 1 de xullo en Cuntis (21h-Praza das Árbores), o 2 en Pontecesures (11h-Plazuela), o 7 en Caldas, o 12 en Portas, o 14 en Catoira, e o 21 en Moraña (12h-Multiusos).

Trátase dun espectáculo familiar para divulgar a biografía do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987), homenaxeado pola Real Academia Galega (RAG) co Día das Letras Galegas 2022. Na presentación das actividades a deputada de Lingua e Memoria María Ortega asegurou que o autor é unha das voces máis senlleiras da literatura do exilio polo que nas actividades de realce da súa figura organizadas dende o organismo provincial era precisa unha programación que tivera como protagonismo á cativada.

Na actividade alternarase a narración da biografía de Delgado Gurriarán, coa creación dunha ilustración e a interpretación de distintas pezas musicais. Contará ademais con tradución en lingua de signos, para que sexa accesible a todas as crianzas, e rematará cun pequeno coloquio adaptado ás súas idades e un obradoiro no que cada participante realice a súa propia caricatura do autor.

Ademais das obras sobre Florencio Delgado Gurriarán, e co ánimo de celebrar as Letras Galegas non só durante o mes de maio, a Deputación tamén achegará ás bibliotecas municipais e aos centros de ensino pequenas biografías destinadas á cativada. Para o alumnado de Primaria o servizo Editorial da Deputación editou a peza ‘Levar paisaxes nos ollos’ e para a xente moza editou unha banda deseñada coordinada por Kiko da Silva, con guión de Fernando Llor e ilustracións do alumnado de ‘O Garaxe Hermético’. Cadansúa das publicacións tivo unha tiraxe de 1.000 exemplares.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas