Home Deputacións Deputación Pontevedra O Museo achégase á figura de dez mulleres de referencia na arte...

O Museo achégase á figura de dez mulleres de referencia na arte do século XX na segunda enrega do curso “Avantaxado Feminino”

- Anuncio -

O curso desenvolverase os mércores de 19:00 a 20:30 h no Edificio Castelao a partir do 8 de febreiro

Entre as referentes incluídas no programa figuran Leonora Carrington, María Antonia Dans, Georgia o’Keeffe, Peggy Guggenheim e Cindy Sherman

O Museo de Pontevedra organiza un curso sobre mulleres creadoras do século XX que deixaron pegada nos eidos da pintura, a escultura, a fotografía, a moda, o deseño téxtil e o coleccionismo. Baixo o título ‘Avantaxado feminino 2’, o curso da continuidade ao desenvolvido en 2022, para percorrer de novo os camiños artísticos do século pasado deténdose en dez referentes femininos en cadanseu campo de traballo: as fotógrafas Lee Miller, Cindy Sherman e Cristina García Rodero, as pintoras Georgia O’Keeffe, Leonora Carrington e María Antonia Dans, as figuras da moda e o deseño téxtil Emilie Flöge e Annie Albers, a escultora Marisol Escobar e a coleccionista e mecenas Peggy Guggenheim.

O curso desenvolverase os mércores entre o 8 de febreiro e o 26 de abril en dez sesións de hora e media (de 19 a 20.30h). O acceso a calquera das sesións é libre. As persoas que estean interesadas en recibir un certificado de asistencia ao remate do curso deben inscribirse previamente escribindo a reservas.museo@depo.gal e asistir como mínimo do 70% das sesións.

O curso será impartido pola profesora Carolina Munáiz. “Este curso pretende un percorrido polos camiños artísticos do século XX da man de creadoras que deixaron unha pegada significativa no seu campo de traballo”, explica Munáiz, que engade que “o pretexto biográfico concederá unha mira ao contexto histórico no que cada autora logrou desenvolver a súa traxectoria e aos estímulos vangardistas do momento”.

Baixo este marco o curso achegarase a Emilie Flöge que presentou claves audaces para a renovación da moda na sociedade vienesa do cambio de século. Tamén a Georgia o’Keeffe, que en 1916 expuxo na galería 291 de Nova York iniciando unha das traxectorias máis relevantes da pintura moderna norteamericana. Unha das sesións dedicarase a Anni Albers, que desde a escola da Bauhaus elevou o deseño téxtil ao campo da experimentación conceptual e vangardista. Outra sesión centrarase na figura de Peggy Guggenheim, unha coleccionista que financiou e promoveu carreiras imprescindibles na traxectoria da arte do século pasado. E tamén será protagonista María Antonia Dans, unha das figuras femininas a reivindicar na arte galega do XX e cuxa obra está presente na colección do Museo.

O curso compila as biografías destas e doutras artistas para afondar tanto no plano creativo como no plano vital no que desenvolveron as súas traxectorias, “o que posibilita situar claros referentes femininos no contexto social e cultural das dispares décadas do convulso e tamén fascinante século XX”, segundo explica Carolina Munáiz.

Munáiz é docente na Escola Superior de Deseño de Moda Formarte da Coruña, titulada en Ilustración pola EASD Pablo Picasso e con formación de primeiro ciclo da Escola de Canteiros de Pontevedra. É profesora das materiais de Historia da indumentaria e de Historia da arte e da moda do século XX. Compaxina o labor docente coa súa traxectoria como pintora.

Progama completo

• 8 de febreiro. Emilie Flöge (moda)
• 15 de febreiro. Georgia O’Keeffe (pintura)
• 1 de marzo. Anni Albers (deseño téxtil)
• 8 de marzo. Leonora Carrington (pintura)
• 15 de marzo. María Antonia Dans (pintura)
• 22 de marzo. Lee Miller (fotografía)
• 29 de marzo. Peggy Guggenheim (colección e mecenado)
• 12 de abril. Marisol Escobar (escultura)
• 19 de abril. Cindy Sherman (fotografía)
• 26 de abril. Cristina García Rodero (fotografía)

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas