Home Deputacións Deputación Pontevedra O Museo celebra a terceira edición da súa "Semana Lorquiana" para gozar...

O Museo celebra a terceira edición da súa “Semana Lorquiana” para gozar de Lorca

- Anuncio -

Entre o 26 e o 30 de outubro realizaranse mesas redondas, lecturas teatralizadas, roteiros e contacontos para escolares

O Museo vai desenvolver dende o 26 ata o 30 de outubro unha nova edición da súa ‘Semana Lorquiana’. Trátase das terceiras xornadas organizadas arredor do 25 de outubro, denominado ‘Día de García Lorca en Galiza’, que estarán dirixidas tanto a público infantil como adulto, e serán desenvolvidas por Polo Correo do Vento.
Esta terceira edición vén a consolidar definitivamente o interese do Museo de Pontevedra por divulgar a relación do autor con Galiza, quen se definía a si mesmo como un “poeta galego” e escribiu algunhas pezas no idioma do país. Estas acabaron conformando a obra ‘Seis poemas galegos’, cuxa primeira edición de 200 exemplares se publicou en decembro de 1935, dos que boa parte arderon durante o asalto á imprenta Nós en 1938.
As actividades da ‘Semana Lorquiana’ deste 2021 no Museo comezarán o martes 26 con contacontos para os colexios de Pontevedra. Nestas sesións de 60 minutos aproximadamente realizarase unha narración dirixida ao público infantil, ao tempo que se desenvolve unha ilustración, ambas actividades vencelladas á presenza de Lorca en Galicia e aos fondos do Museo de Pontevedra. Na parte final, a rapazada asistente debuxará por si propia ao poeta granadino nun obradoiro.
Xa para público adulto, celebrarase a mesa redonda ‘Un día das Letras Galegas para Federico García Lorca’ o xoves 28 ás sete e media da tarde. A libreira e escritora Mercedes Corbillón exercerá de moderadora e participarán como relatores o historiador e crítico de arte Ramón Rozas e o editor e escritor Henrique Alvarellos. Á mesa seguiralle unha lectura teatralizada do músico e actor Marcelo Dobode.
Finalmente, o sábado 30 realizarase un roteiro titulado ‘Lorca en Pontevedra’, que partirá á unha da tarde dende o Edificio Castelao do Museo. O roteiro precisará de inscrición previa en polocorreodovento@hotmail.com

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas