Home Deputacións Deputación Pontevedra O Museo celebra mañá os seus distintivos "Q" de Calidade e "S"...

O Museo celebra mañá os seus distintivos “Q” de Calidade e “S” de Sustentabilidade

- Anuncio -

O grupo Mallou porá a música e haberá intervencións de representantes das tres empresas que tamén acadaron o Q na cidade de Pontevedra: Ultramar, Eirado da Leña e Parador

O Museo de Pontevedra celebra mañá mércores que é a primeira entidade museística de todo o estado en recibir de maneira conxunta os Premios ‘Q’ de calidade e o ‘S’ de sustentabilidade concedidos polo Instituto de Calidade Turística de España (ICTE). O acto será ás 19.30 horas no Edificio Castelao e contará coa actuación musical do grupo Mallou, coa proxección dun audiovisual sobre o traballo do Museo, con discursos institucionais, así como coa participación de representantes da restauración e hostalería que dispoñen tamén do galardón da ‘Q’ de calidade na cidade de Pontevedra: Ultramar, Eirado da Leña e Parador de Turismo.
O Museo de Pontevedra recolleu os seus galardóns o pasado xoves na chamada ‘Noite Q’ ao abeiro de Fitur da man da presidenta Carmela Silva, o vicepresidente César Mosquera, e o director Xosé Manuel Rey. Este martes preténdese compartir os premios coa cidadanía de maneira pública. As persoas interesadas en asistir poden facelo inscribíndose para o acto en reservas.museo@depo.gal.
Os distintivos da ‘Q’ e o ‘S’ foran xa concedidos o pasado mes de xullo e setembro, respectivamente. Só dispoñen do primeiro selo, entre os grandes museos españois, o Guggenheim de Bilbao, o Museo Thyssen-Bornemisza, en Madrid, e o MARQ de Alacante.
O Comité de Certificación do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), concedeu ao Museo de Pontevedra unha cualificación sobresaínte na súa avaliación. A puntuación media foi de 9,4 sobre 10, o que avala o cumprimento rigoroso da xestión da calidade na prestación de diferentes servizos á cidadanía, incluíndo aspectos tan importantes como a accesibilidade, a atención ao visitante, a sinaléctica, a comunicación e información ás persoas usuarias ou a xestión de visitas e actividades educativas e culturais. Neste último apartado obtivo unha puntuación de 10.
Por outra parte, o Museo recibiu tamén o ‘S’ de sustentabilidade, converténdose no primeiro museo de España en recibir esta distinción (xunto coa Q de calidade). Este selo certifica a contribución do Museo aos obxectivos de desenvolvemento sostible mediante auditorías e cos máximos estándares de calidade. Isto permite ao Museo de Pontevedra aliñar a súa xestión cara ao cumprimento da Axenda 2030 da ONU mediante accións concretas adaptadas a esta institución. O plan de sustentabilidade do Museo certificado polo ICTE céntrase en concreto en tres obxectivos: educación de calidade, igualdade de xénero e enerxía asequible e non contaminante.
A obtención dos distintivos forma parte das accións contempladas no Plan Xeral de Actuación 2019-2023 do Museo, e reforza a súa aposta decidida pola calidade e a excelencia en tódolos ámbitos da súa xestión operativa diaria, por ofrecer a cada visita a mellor experiencia cultural e turística posible, e por converterse nun referente a nivel nacional e internacional no ámbito do turismo cultural.

Relacionadas

O Porriño acende o Nadal este mércores

0
• Os usuarios e usuarias de Aceesca serán os encargados de premer o botón que dará inicio ás festas de Nadal na vila • Álvaro...

Presentación en Tui do libro “Tesouro espeleolóxico galego”

0
Será mañá martes ás 20 h no edificio Francisco Sánchez Mañá martes, 5 de decembro, ás 20:00 horas no edificio Francisco Sánchez, rúa Colón nº...

Luis López referenda o compromiso pola mellora da eficiencia enerxética na provincia co investimento...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra percorreu este martes as instalacións deste polideportivo para asinar un convenio de colaboración enmarcado no programa PON2030, coa...

Arranca o Programa de Crecemento Empresarial da Deputación en Lalín, con seis proxectos emprendedores...

0
Participan no programa persoas da Estrada, Lalín e Silleda que desde este martes e ata o 15 de febreiro recibirán no Viveiro de Empresas...

O BNG de Vigo denuncia novos vertidos de augas fecais sen depurar en Bouzas,...

0
A fronte nacionalista insta o Concello de Vigo e Augas de Galiza (dependente da Xunta) a tomar medidas para poñer fin ás reiteradas verteduras...

NNXX Pontevedra e Boa Vida únense para a campaña ‘Un xoguete baixo a árbore’

0
• Esta iniciativa ten como obxectivo principal reunir xoguetes para asegurar que todos os nenos e nenas poidan gozar da maxia do Nadal cun...

Publicacións Relacionadas