Home Deputacións Deputación Pontevedra O Museo de Pontevedra celebra o Día dos Museos cun gran abano...

O Museo de Pontevedra celebra o Día dos Museos cun gran abano de actividades para amosar “o seu poder”

- Anuncio -

Haberá un festival con tres concertos musicais de xente nova do Estudo Bonobo e visitas comentadas a fondos propios no centro da cidade

Veciñanza, artistas e todo tipo de persoas vencelladas ao Museo colaboran en varios vídeos falando das súas experiencias na institución

Baixo o lema ‘O Poder dos Museos’ o Museo de Pontevedra sumarase o vindeiro 18 de abril á celebración internacional do Día dos Museos, unha iniciativa do ICOM que este ano pretende explorar o potencial que teñen estas institucións para provocar cambios positivos nas súas comunidades por seren lugares incomparables de descubrimento, que ensinan sobre o pasado e abren as mentes a novas ideas.
A programación en Pontevedra incluirá actividades durante todo o día nos diferentes edificios propios do Museo, pero tamén na cidade: celebrarase un festival musical tres concertos musicais de crianzas e xente moi nova do Estudo Bonobo, faranse catro visitas comentadas a fondos propios que están contorna urbana, proxectarase un vídeo sobre como o Museo é percibido e convive coa súa veciñanza, e tamén haberá moitas colaboracións de persoeiros de Pontevedra que divulgarán os seus sentimentos sobre a institución pontevedresa nas redes sociais.
A parte musical foi organizado entre o Estudo Bobobo e o propio Museo. O primeiro concerto levará por título ‘Ritmo na lúa e Noise in the Jungle’. Esta actividade farase na ‘zona 0’, o vestíbulo do primeiro andar do Edificio Castelao ás cinco da tarde. Neste lugar desenvolveranse seis propostas musicais nas que actuarán pequenas agrupacións de nenas e nenos de entre 4 e 6 anos de idade tocando sintetizadores, samplers, instrumentos de percusión e caixas de ritmos interprentando cancións propias que falan de temas da actualidade no mundo infantil: dende extraterrestres a animais incribles e ata cousas que facer na vida subacuática.
O seguinte concerto do día será ás 19.30 na praza de entrada do Edificio Castelao. Haberá unha actuación da banda do proxecto Rocklab con cancións propias do alumnado de 10 a 12 anos e un concerto de Rebel Spirits, a banda feminina de rock que naceu na escola Estudo Bonobo, que publicou o seu primeiro traballo a través da iniciativa X Sónica, e que se prepara para gravar o seu primeiro traballo entre os estudios Planta Sónica e Estudo Bonobo.
Delas pódese dicir que naceron como un proxecto adolescente que se converteu nunha das bandas de rock feminina da cidade de Pontevedra máis nova e prometedora da escena alternativa. Está composta por catro mozas de entre 17 e 18 anos que recollen a esencia e a influenza da estela de bandas dos 90 e dos 2000: fusionan o carácter das guitarras cargadas de ganancia e o ritmo da raíz do punk rock xunto coas melancólicas melodías de Raisha, para dar luz a un proxecto cheo de expresión e enerxía en directo.
Finalmente, xa ás 21.30 horas, no Claustro do Edificio Sarmiento, será o momento para o concerto de Thom Archi, unha das promesas e talentos máis novos da provincia de Pontevedra. Trátase dun rapaz de 20 anos que chegou a O Grove procedente de Liverpool hai 14 anos e que nos últimos tres fixo unha aposta persoal por loitar e conseguir un oco no panorama cultural e musical do país. Alumno da escola Estudo Bonobo é unha proposta rompedora, unha mistura de ritmos urbanos, melodías pop, rap e EMD, que traslada ao público a creacións que van dende a orixinalidade de Gorillaz ou Childish Gambino ata propostas máis urbanas como Tyler The Creator, Frank Ocean ou Kendrick Lamar.
Visitas comentadas e vídeos
Ademais de gozar da música o ‘Día dos Museos’ nas instalacións propias do Museo, tamén haberá unha actividade diferente: visitas comentadas sobre a fonte que está instalada nos xardíns de Casto Sampedro e que, a pesares de estar nun lugar público, pertence aos fondos propios da institución provincial. As persoas interesadas en saber máis desta peza, tanto a súa historia como curiosidades, así como doutras que están espalladas pola cidade e que tamén son propiedade do Museo, poderán facelo en varios horarios: ás 12 e 13 horas pola mañá e ás cinco e ás seis da tarde, sendo o punto de encontro a propia fonte.
Xunto a todas as actividades presenciais e abertas ao público, o Museo tamén vai activar as súas redes sociais. Para a ocasión vén de editarse un vídeo titulado ‘O Poder dos Museos’ no que participan persoas moi vencelladas á institución, dende artistas a persoal, así como outras da comunidade máis próxima: veciñanza e comerciantes da contorna que explican os seus sentimentos para co Museo e como este inflúe na súas vidas.
Nas redes sociais do Museo tamén se emitirán pequenos vídeos en forma de ‘pílulas’ nos que participan máis persoas da cidade, entre eles por exemplo persoeiros do Pontevedra CF, alumnado da profesora Carmen Quinteiro, Polo Correo do Vento, Migallas Teatro, Kiko da Silva, Xavier Fortes, Iria Pinheiro ou Manuel Jabois, ademais de representantes institucionais da Deputación, o Concello ou a RAG.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Publicacións Relacionadas