Home Deputacións Deputación Pontevedra O Museo duplica o seu espazo expositivo no Culturgal

O Museo duplica o seu espazo expositivo no Culturgal

- Anuncio -

O stand da institución museística provincial acollerá unha mostra con obras das persoas gañadoras de Novos Valores 2019 e 2020

O Museo de Pontevedra vai participar cun apartado propio dentro da feira das industrias culturais Culturgal que este venres abre as súas portas no Recinto Feiral de Pontevedra. E farao duplicando o espazo expositivo co que contaba en anteriores edicións para expoñer varias obras das persoas gañadoras das edicións de Novos Valores en 2019 e 2020, poñendo así á vista do público pezas moi salientables da arte contemporánea local.
Segundo explica o director do Museo Xosé Manuel Rey, nesta edición do Culturgal continúase a idea de apostar por divulgar o talento de novas e novos creadores como xa se fixera na edición de 2018, cando se expuxera unha escolma das obras do certame de Novos Valores de varios anos anteriores.
Nesta ocasión estarán a disposición do público as catro obras que gañaron as bolsas en 2020: de Andrea Dávila Rubio, coa peza ‘I wish you’d rub your quills against my stomac’; Nuria Rodríguez Figueiredo, coa peza ‘Voltar’; María del Mar Ramón Soriano, con ‘Homeworks’; e Alejandro Rego Díaz, con ‘Representación nº3. La mano del artista’, tres creacións ‘escultóricas’ e unha composición fotográfica.
A obra de Andrea Dávila Rubio ‘I wish you’d rub your quills against my stomac’ é unha creación de resina de poliéster, fibra de vidro e aceiro enmarcada dentro dun proxecto de investigación doutoral no que se examina a relación entre corpo, pel e escultura; ‘Voltar’, de Nuria Rodríguez Figueiredo, é tamén unha creación escultórica, neste caso de cerámica vidriada, que pode lembrar un altar cheo de elementos e símbolos representativos para chamar ao recordo dunha infancia perdida no tempo; ‘Homeworks. 58h 35 min’ é a proposta de María del Mar Ramón Soriano e pertence a un proxecto que fala do tempo, a forma de emplealo, os tempos industriais e acelerados contrapostos aos tempos artesanais, lentos e reflexionados; finalmente, a obra de Alejandro Rego Díaz é unha serie de nove fotografías realizadas entre os anos 2018 e 2019 presentadas en forma de políptico que pretenden reflexionar sobre a natureza da mirada humana ás obras de arte e de como esta pode afectar á maneira de mirar o mundo real.
No caso das persoas gañadoras de Novos Valores 2019, a exposición do Culturgal 2021 inclúe catro das pezas creadas ao abeiro da bolsa recibida para ampliar estudos por parte de Mohamed El Amine Asselman, Elena Matamoro Gómez de los Infantes, Rosa Pardal Aragunde, e Alba Castillo Costa, todos eles estudantes, máster ou doutorandos na Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo no momento de obter o recoñecemento do Museo.
As obras expostas recollen o traballo para desenvolver o concepto ‘Ordensound’ co que gañou Asselman; a investigación da arte sonora “buscando os son interiores das cousas dándolle a oportunidade de sonar” por parte de Matamoro; o traballo para a creación de imaxes fotográficas que falan sobre a reflexión sobre construírse a si mesma “sen nada que agardar das opinións dos demais” por parte de Aragunde; e a formación en técnicas escultóricas específicas asiáticas, ademais de na pintura e na ilustración por parte de Castillo.

Relacionadas

Delito contra a saúde pública

0
Detido un home de 50 anos do Porriño por un delito contra a saúde pública O día 03 de decembro do ano en curso, mentres...

Roubo gasoil

0
Grazas ao aviso dun particular afectado polos roubos de gasóleo que nos últimos días estaban a producirse, conseguiuse deter a dúas persoas presuntamente implicadas...

A Deputación pecha este venres en Ponteareas a xira do espectáculo “X Xela” para...

0
O acto inclúe poesía, audiovisuais e a música de A Banda da Loba e terá lugar no Auditorio Municipal ás 20.30h Entrada libre ata completar...

SmartPeme pon en marcha esta semana outros tres obradoiros online

0
Ata o 10 de decembro o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre SEO e Google Adwords e Comercialización en liña A Deputación de Pontevedra,...

Preto de 800 estudanters de 28 centros da provincia participarán cos seus proxectos na...

0
O Goberno da Deputación ven de aprobar a relación de centros seleccionados nas tres modalidades da iniciativa dirixida a fomentar o emprendemento entre o...

O concello de Nigrán ofrece hoxe a curtametraxe de Aaron Siebert “Elas”

0
O compositor e cineasta con raíces en Camos rende homenaxe ás mulleres galegas nesta curtametraxe con posprodución en EEUU e primeiro premio no Festival...

Publicacións Relacionadas