Home Deputacións Deputación Pontevedra O Museo súmase á Placemarking Week Pontevedra con obradoiros de arquitectura para...

O Museo súmase á Placemarking Week Pontevedra con obradoiros de arquitectura para nenas e nenos e visitas guiadas

- Anuncio -

Os obradoiros, dirixidos a público de 6 a 12 anos, celebraranse os días 27, 28, 29 e 30 de setembro de 17.00 a 19.00 horas

As visitas guiadas ao Museo e ao convento de Santa Clara están dirixidas ás persoas participantes no evento

O Museo de Pontevedra ofrecerá varias actividades dentro da programación do Placemaking Week Europe Pontevedra, un encontro-festival arredor do espazo público a mobilidade que se celebrará na cidade do 27 ao 30 de setembro. As persoas participantes realizarán visitas guiadas ao Museo e ás escavacións arqueolóxicas que se están a acometer no convento de Santa Clara. Ademais, ofreceranse unha serie de obradoiros dirixidos a nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Co título “Intramuros”, este programa de obradoiros desenvolverase os días 27, 28, 29 e 30 de setembro, de 17.00 a 19.00 horas. Son catro sesións independentes para as que xa está aberta a inscrición no correo electrónico contacto@tallerabierto.info. O programa busca dar a coñecer o valor do patrimonio arquitectónico e urbanístico da cidade de Pontevedra con actividades situadas entre o xogo e a plástica.

Nos obradoiros reinterpretarase o tecido urbano e a arquitectura vernácula co fin de coñecer a importancia do Museo de Pontevedra na cidade. As fins do obradoiro son coñecer mellor o Museo, promover o coñecemento da nosa historia e desenvolver o sentido da observación, espertando nas nenas e nenos participantes o interese pola arquitectura.

A primeira sesión, o martes 27 de setembro, leva como título “A vista de paxaro”: nun itinerario aéreo as nenas e nenos participantes coñecerán as trazas da muralla e as distintas formas que toma a cidade. A sesión do mércores 28, co título “Habitando formas xeométricas”, traballará os espazos que nos rodean simplificándoos para reducilos á súa forma esencial.

O xoves 29 terá lugar a terceira sesión, co título “Rastros e restos”: un achegamento á superposición de capas nas que as distintas etapas históricas van deixando a súa pegada sobre a trama urbana. O venres 30 celebrarase a cuarta e última sesión “Completando o crebacabezas”, na que as nenas e nenos participantes verán como contemporaneidade e tradición conviven poñendo como exemplo o diálogo arquitectónico entre o edificio Sarmiento e o edificio Castelao.

Relacionadas

Concello de Nigrán retira 20kg de lixo de desembocadura do río Muíños na XVI...

0
Unha quincena de voluntarios de todas as idades participaron o domingo na xornada, atopándose fundamentalmente envases plásticos e botellas O Concello de Nigrán sumouse como...

O Concello reúnese coa veciñanza de Pedreiras de Abaixo para explicarlle de primeira man...

0
Os concelleiros Pablo Novas e Marián Sanmartín explicaron que o proxecto do seguinte tramo no que se actuará está adaptándose aos actuais prezos do...

Posta en valor do CIP de Mogor: nova iluminación e sinaléctica para revitalizar a...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou o centro, que se atopa inmerso na execución destas melloras. Está previso que as obras finalicen cara...

O mércores 27 de setembro inaugúrase a exposición “Cartografía de a Raia” no Museo...

0
A exposición poderase visitar ata o vindeiro 8 de outubro en horario de mércores a domingo de 11 a 14 h y de 17...

O Concello do Rosal avanza na mellora da súa eficiencia enerxética con dúas novas...

0
A súa instalación sae a licitación por un importe de case 95.000 euros financiados ao abeiro do Fondo de Cooperación Local O Rosal camiña con...

O Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona ofrece catro contacontos...

0
A Concellería de Cultura, a través do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal, ofrece catro contacontos infantís a través do programa de dinamización da...

Publicacións Relacionadas