Home O Condado As Neves O núcleo de Vide, nas Neves, estrea hoxe a experiencia de "Mulleres...

O núcleo de Vide, nas Neves, estrea hoxe a experiencia de “Mulleres Extramuros” que, da man da Deputación, encherá a vila de arte contemporánea

- Anuncio -

Artistas como Xoana Almar, Nuvi&Éxfico, Ana Soler, Doa Oa, Carme Nogueira, Lucía Loren e Iva Viana convivirán coas veciñas para transformar a aldea a través de sete proxectos creativos

Carmela Silva: “Este é un proxecto único polo que supón de participación, convivencia e ensinanza mutua entre as mulleres e como distintas xeracións únense no rural para deixar un legado común a través da arte e a cultura”

Xosé Manuel Rodríguez: “Este proxecto permitirá amosar a identidade das Neves e abrirá de par en par a porta para que valoremos o que temos e o que somos”

Arte de vangarda, mundo rural, igualdade, sostibilidade e intervención do espazo público son as claves do proxecto da Deputación “Mulleres Extramuros” cuxa segunda edición vén de arrancar nas Neves, que toma o relevo á parroquia de Cortegada en Silleda, lugar protagonista o pasado ano. A Casa da Auga de Vide foi o punto de encontro neste soleado sábado entre as sete artistas galegas, de España e Portugal, Xoana Almar, Nuvi&Éxfico, Ana Soler, Doa Oa, Carme Nogueira, Lucía Loren e Iva Viana, e as mulleres do núcleo rural onde intercambiaron experiencias das que sairán novas propostas creativas que transformarán o espazo e encherán de arte e vida esta contorna.

Na apertura desta nova edición, amenizada coas intervencións da Asociación Cultural Vidense e do grupo Saia de lá, a presidenta, Carmela Silva, e o alcalde Xosé Manuel Rodríguez, subliñaron que “Mulleres Extramuros” vai deixar unha pegada na vila coa posta en valor da súas historias e a súa identidade a través da arte. “Este é un proxecto único –destacou Carmela Silva- polo que supón de participación e ensinanza mutua entre as mulleres e por como distintas xeracións poden unirse para deixar un legado común a través da cultura. Estamos levando a arte e a cultura a todo o territorio”.

De novo coordinado por Xoana Almar, de Cestola na Cachola, “Mulleres Extramuros” conta este ano coa participación de sete creadoras e ten como novidade que amais do arte mural, tamén transformará Vide con escultura e traballo cerámico. Xunto a Almar, do Grove, estiveron hoxe e participarán Doa Oa (Sober), Nuvi & Éxfico (Nuria Villa e Alberto Brandon, do Rosal e A Guarda), Ana Soler (residente en Vigo), o dúo formado por Carme Nogueira e Javier Fernández Pérez de Lis; Lucía Loren (Madrid) e Iva Viana (Viana do Castelo).

Esta fin de semana é a primeira toma de contacto coas mulleres do lugar para escavar na memoria, escoitar as súas historias e situalas no centro, “en definitiva, para implicalas e transformar en arte esta posta en común, recuperando espazo público desde a sororidade e o activismo pola igualdade”, como destacou a presidenta provincial, quen volveu a subliñar que “se hai un elemento transformador da sociedade ese é a cultura, e especialmente a creatividade”. “Arte, persoas, mundo rural, modernidade e igualdade combínanse á perfección e están interconectadas neste programa”, manifestou Carmela Silva, que engadiu que tralo éxito da primeira edición, a Deputación está decidida a que “se coñeza en todo o Estado como un elemento dinamizador, de diálogo e participativo”. “É algo extraordinario – dixo- baseado no orgullo do noso rural, cheo de historias, de coñecemento e do traballo atesourado polas mulleres, coas que agora as artistas crearán redes”.

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, destacou que “Mulleres Extramuros” “ofrece unha excelente oportunidade para que as persoas que vivimos no rural poidamos gozar da arte, aínda máis, diría que merecémonos ter acceso a ela e neste caso, as nosas veciñas e veciños formarán parte do proceso, tanto dende o eido creativo como emocional”. “Estou especialmente satisfeito e orgulloso –dixo- porque permitirá amosar a identidade das Neves e dos/das seus/súas habitantes e abrirá de par en par, a porta para que todos e todas valoremos o que temos e o que somos”.

Pola súa banda, a coordinadora do proxecto, Xoana Almar, subliñou “o enriquecedor” do proxecto, que nesta segunda edición “non só ten a pintura como parte central, senón que estaremos convivindo tres muralistas (Cestola na Cachola, Doa Oa e Nuria Villa), tres escultoras (Ana Soler, Carme Nogueira e Lucía Loren) e unha ceramista (Iva Viana) e creo que vai ser moi interesante”. Tamén quixo poñer en valor a filosofía de “Mulleres Extramuros” de “intervir no rural galego de xeito participativo coa veciñanza” e, neste senso, destacou o proceso de preparación do traballo “feito primeiro coa presentación das artistas e a reunión coa veciñanza, co coñecemento dos espazos e coa convivencia”.

Deste xeito, tras esta primeira fase que vén de celebrarse en Vide terá lugar unha segunda etapa, entre abril e maio, na que as artistas traballarán nos seus proxectos para o núcleo, deseñando un proxecto específico de intervención. A continuación, na primeira quincena de xullo, terá lugar o proceso de creación-residencia, co traslado das artistas á aldea para realizar o proxecto artístico in situ para Vide e inspirado nela. Ese mesmo mes de xullo amosarase xa o resultado dos sete proxectos e o seu impacto nas rúas da parroquia.

Relacionadas

Luis López destaca a aposta da Deputación pola mocidade e o apoio aos concellos...

0
O presidente da Deputación, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, presenta o programa pioneiro “O teu espazo xuvenil” nun acto con alcaldes, concelleiros...

O Concello de Tui destina 10.000€ para as e os deportistas tudenses que participen...

0
O prazo de solicitude está aberto até o 15 de outubro Até o 15 de outubro está aberto o prazo para solicitar as bolsas a...

O Concello convocará 300 prazas para os campamentos de conciliación deste verán

0
O prazo para a inscrición abrirá o 2 de maio e serán entre xullo e agosto, no Sequelo, na Casa de Cultura de Mogor...

Luis López recibe no Pazo Provincial ao alumnado de terceiro e cuarto de Primaria...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns aos alumnos e alumnas de terceira e cuarto de Educación Primaria do CEIP...

O crítico literario e investigador Armando Requeixo estará en Mondariz para afondar na figura...

0
O Concello de Mondariz recibirá ao crítico literario, investigador en Humanidades e profesor Armando Requeixo este venres día 26 no marco do programa “Abril...

A Deputación de Pontevedra envía ao Concello de Vigo o convenio que compromete preto...

0
O presidente Luis López informou hoxe que a institución provincial “está lista para asinar canto antes o convenio de colaboración e escenificar o entendemento...

Publicacións Relacionadas