Home O Ribeiro Castrelo de Miño O Parque Náutico de Castrelo de Miño será en 2022 a sede...

O Parque Náutico de Castrelo de Miño será en 2022 a sede da Coupe de la Jeunesse de remo

- Anuncio -

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado pola presidenta da Federación Española de Remo, Asunción Loriente, recibiu hoxe a bandeira que acredita a celebración desta proba internacional no Parque Náutico do concello ourensán, do 5 ao 7 de agosto do próximo ano

O presidente provincial tivo palabras de agradecemento para os representantes da Xunta de Galicia, do concello ourensán, do equipo de goberno da Deputación e da federación española, “que participaron no deseño dunha candidatura gañadora, resultado dun traballo continuado no tempo para converter esta lámina de auga nun espazo internacional de referencia para a práctica do remo e do piragüismo”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe a bandeira que acredita a celebración no Parque Náutico de Castrelo de Miño, do 5 ao 7 de agosto de 2022, da Coupe de la Jeunesse, a prestixiosa proba de remo que cada ano reúne a centos de deportistas procedentes de 16 países europeos e que esta fin de semana celebrou a edición de 2021 en Linz (Austria). Baltar, acompañado pola presidenta da Federación Española de Remo, Asunción Loriente, recibiu o distintivo da man do presidente da federación austríaca desta disciplina, Horst Nussbaumer, e a secretaria xeral da proba, Gwenda Stevens, expresando “a completa satisfacción que supón converter a candidatura ourensá nunha realidade, tras pasar con excelentes valoracións o exame da organización á nosa proposta”.

O presidente provincial tivo palabras de agradecemento “para todas as persoas que participaron no deseño dunha candidatura gañadora”, entre eles os representantes da Xunta de Galicia e do Concello de Castrelo de Miño, pero tamén “co debido recoñecemento ao equipo de goberno da Deputación de Ourense e a todo o persoal implicado, pois a elección de Ourense como sede desta proba é o resultado dun traballo continuado no tempo para converter esta lámina de auga nun espazo internacional de referencia para a práctica do remo e do piragüismo”.

Tamén tivo Baltar unha especial mención á Federación Española de Remo e á súa presidenta, Asunción Loriente, “que apostou decididamente por Castrelo de Miño de entre todas as instalacións existentes en España, cualificando no seu momento esta pista como de carácter estratéxico para o mundo do remo no norte do país”.

Castrelo de Miño dará o relevo a Amsterdam

Trala decisión dos organizadores da Coupe de la Jeunesse, o Parque Náutico de Castrelo de Miño toma o relevo da localidade austríaca de Linz, onde esta fin de semana disputouse a regata de 2021 coa participación de máis de 500 deportistas de entre 16 e 18 anos, nas modalidades feminina e masculina, en representación de 16 países. Os dirixentes desta copa, que ten categoría de Campionato de Europa, tamén acordaron que a edición de 2023 se celebre na capital de Holanda, Amsterdam.

O anuncio da elección de Castrelo de Miño chega despois de que o presidente provincial expuxera onte sábado, diante dos dirixentes da proba, as principais liñas mestras da candidatura ourensá, entre as que figuran a decidida aposta pola promoción internacional das láminas de auga do río Miño para o deporte do remo; o próximo investimento de preto de 600.000 euros para dotar ao complexo náutico cun campo de regatas de categoría internacional; a estratéxica situación da provincia en materia de comunicacións coa próxima chegada do AVE e a proximidade a catro aeroportos –tres en Galicia e un en Porto (Portugal)-, a dispoñibilidade de prazas hoteleiras e o elevado interese turístico do territorio cos seus recursos naturais, termais e patrimoniais.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas