Home O Ribeiro Cenlle O paseo termal de Barbantes acolle este sábado o Campionato Galego de...

O paseo termal de Barbantes acolle este sábado o Campionato Galego de Inverno de Piragüismo de K-1 e C-1

- Anuncio -

A proba, organizada pola Federación Galega de Piragüismo e o club Piragüismo Ourense co apoio da Deputación, reunirá a 41 clubs galegos e a case 500 deportistas divididos entre as categorías xuvenil, sénior e veterano

A competición servirá de antesala do Campionato de España de Piragüismo, que se celebrará no mes de marzo en Sevilla

A área termal de Barbantes, no concello de Cenlle, será este sábado o escenario do Campionato Galego de Inverno de Piragüismo na modalidade individual K-1 e C-1. 

Esta competición, organizada pola Federación Galega de Piragüismo e o club Piragüismo Ourense co apoio da Deputación de Ourense, reunirá a 41 equipos e a uns 500 deportistas divididos entre as categorías xuvenil, sénior e veterano. A cifra de participantes supón un incremento en comparación coa anterior edición. 

Esta edición do campionato, a segunda consecutiva celebrada en Barbantes, celebrarase este sábado, 25 de febreiro, a partir das 10,00 horas e terá un percorrido de 5.000 metros para todas as categorías. Esta regata supón a continuación da celebrada o pasado 11 de febreiro na área termal de Barbantes, inscrita tamén no Campionato Galego de Inverno de Piragüismo mais na modalidade K-2 C-2.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas