Home Deputacións Deputación Pontevedra O Plan ReacPon da Deputación impulsa a rehabilitación do Pavillón Municipal de...

O Plan ReacPon da Deputación impulsa a rehabilitación do Pavillón Municipal de Fornelos

- Anuncio -

O alcalde, Emiliano Lage, puxo en valor o “continuo apoio da Deputación que está a permitir transformar a nosa vila”

O proxecto para mellorar a eficiencia enerxética neste espazo deportivo conta cun ambicioso orzamento de 331.000 € dos que a Deputación achega máis de 281.000 €

Cun profundo agradecemento á Deputación polo “continuo apoio” que está a permitir “transformar a nosa vila”, o alcalde de Fornelos Emiliano Lage asinou hoxe coa presidenta da institución provincial Carmela Silva o convenio para a rehabilitación do pavillón municipal. Esta actuación, posible grazas ao Plan ReacPon da Deputación de Pontevedra, traducirase nunha mellora da eficiencia enerxética co emprego de enerxías sostibles a través dun ambicioso investimento de 330.900,48 € dos que a institución provincial achega 281.265,40 €.

A presidenta Carmela Silva, felicitou ao concello polo carácter “modélico” do proxecto e pola súa aposta polo deporte. “Non pode haber deporte sen equipamentos para a súa práctica e o alcalde de Fornelos decidiu presentar ao Reacpon unha actuación que vai permitir que a veciñanza teña equipamentos deportivos con todas as garantías, igual que se viviran nunha grande cidade, porque a xente ten dereitos, viva onde viva”. Sobre o proxecto, destacou que ten por obxectivos aumentar a seguridade da práctica deportiva e mellorar a eficiencia enerxética, “cumprindo coa Axenda 2030, cos requirimentos do Plan de Resiliencia dos Next Generation e das vías de financiamento que vai implantar a partir de agora e de forma habitual a Unión Europea”.

“Somos moi conscientes, asegurou a presidenta, de que exclusivamente co Plan Concellos non é posible facer grandes obras xa que este plan, transparente e con criterios obxectivos, permite ás vilas afrontar gastos ordinarios”. Para poder “achegar recursos extraordinarios para facer grandes actuacións que teñen ideadas os concellos” xurdiu ReacPon, destacou Carmela Silva ao tempo que puxo en valor a eficiencia dos concellos, sobre todo os pequenos como Fornelos, para dar cumprimento “as esixentes bases do plan”. A presidenta recordou que ReacPon estivo aberto “a todos os concellos, goberne quen goberne, algo que non fai así a Xunta”. Neste eido, cualificou de “intolerable” que o goberno autonómico estea a asinar convenios cos concellos do PP “como se a veciñanza dos concellos non gobernados polo PP non tivesen os mesmos dereitos, necesidades ou grandes proxectos”. Por elo, reclamou e demandou “que a Xunta asine convenios cos 61 concellos, moi particularmente cos de menos de 20.000 habitantes”.

Carmela Silva aproveitou tamén a ocasión para enxalzar as iniciativas que a vila puxo en marcha con achegas da Deputación como a primeira reforma do pavillón, elaborada co plan PICEI, “o primeiro proxecto de reequilibrio que lanzamos para que concellos que nunca antes recibiran recursos da institución provincial puideran equilibrar os seus equipamentos cos dos gobernados polo PP que si recibían financiamento”. Tamén recordou a urbanización da contorna do pavillón deportivo e as novas pistas de padel realizadas con recursos do Plan de Reequilibrio que ascenderon a preto de 550.000 euros e a reforma da praza central de Fornelos que se financiou con 450.000 € do Plan DepoRemse .

Pola súa banda o alcalde de Fornelos de Montes, Emiliano Lage, agradeceu o continuo apoio da Deputación “que están a permitir transformar a vila”. Tamén presumiu de ter un concello “bastante ben dotado no tocante ao ámbito deportivo” e puxo en valor o carácter funcional do pavillón, que “en horas lectivas, pola mañá, é tamén empregado polo colexio”.

A rehabilitación do pavillón municipal suporá unha importante obra para mellorar a eficiencia enerxética deste recinto deportivo comunicado co CEIP Doutor Suárez e enmarcado no complexo deportivo no que se sitúan as piscinas municipais, o ximnasio, a pista de padel e a pista multideportiva. A actuación contempla a eliminación da condensación mediante a instalación de calefacción e ventilación mecánica, así como a mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica e a estanquidade instalando illamentos térmicos e paneis sándwich na fachada e cuberta. Igualmente vaise apostar por enerxías sostibles a través de luces LED, dunha nova instalación eléctrica e caldeira de pellets de condensación. Amais tamén se van substituír as placas de fibrocemento con amianto por outros elementos que aumenten a seguridade na práctica deportiva e aumentarase a superficie cuberta do corredor entre o pavillón e o ximnasio e a pista de padel.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Publicacións Relacionadas