Home Deputacións Deputación Ourense O pleno da Deputación aproba a ordenanza de acceso electrónico aos servizos...

O pleno da Deputación aproba a ordenanza de acceso electrónico aos servizos do ente provincial

- Anuncio -

Tamén aprobou o convenio entre a Deputación e os concellos para a prestación do servizo de recollida de aceite de orixe doméstica, e iniciativas a prol do acollemento familiar e a defensa do patrimonio

O pleno ordinario da Deputación de Ourense, correspondente ao mes de xullo aprobou hoxe, inicialmente, a ordenanza reguladora do acceso electrónico aos servizos do ente provincial e dos seus organismo dependentes. O obxectivo é regularizar o uso dos medios electrónicos no ámbito da Deputación, e para elo a ordenanza promove a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións na actividade administrativa, nas relacións entre a Deputación e o resto de entidades integrantes do sector público, así como nas relacións coa cidadanía, co fin de garantir os seus dereitos de acceso electrónico aos servizos públicos desta Administración.

Para os usuarios interesados en relacionarse coa Administración provincial a través de medios electrónicos, consideraranse válidos a efectos de firma os sistemas de firma electrónica e selo baseados en certificados electrónicos incluídos na “Lista de confianza de prestadores de servizos de certificación”. Neste sentido, se requirirá aos usuarios o uso obrigatorio da firma para: formular solicitudes, presentar declaracións responsables ou comunicacións, interpoñer recursos, desistir de accións e renunciar a dereitos. Se algunha persoa interesada non dispón dos medios electrónicos necesarios, a súa identificación ou firma electrónica no procedemento administrativo poderá ser validamente realizada por un funcionario público provincial habilitado, mediante o uso da firma electrónica do que estea dotado para iso.

Para levar a cabo esta operativa, a Deputación de Ourense e os seus organismos dependentes e entes adscritos, prestarán asistencia presencial, ou a través de internet, redes sociais, atención telefónica ou correo electrónico corporativo. A sede electrónica da Deputación de Ourense estará dispoñible na dirección: https://sede.depourense.es.

Para facilitar o acceso e utilización dos servizos postos ao dispor dos cidadáns a través da sede electrónica, a Deputación disporá dunha oficina de atención e asesoramento ao cidadán nas dependencias do Pazo Provincial. Asemade, a Deputación e os seus entes dependentes dispoñen dun Rexistro Electrónico Xeral único, no que se fará o seu correspondente asento de todo documento que sexa presentado ou que se reciba, como tamén dun taboleiro de anuncios e edictos –integrado na sede electrónica-, que servirá como medio de publicación dos anuncios, acordos, resolucións e comunicacións emitidos pola Deputación.

A totalidade dos acordos do pleno foron os seguintes:

Ordenanza de acceso electrónico aos servizos da Deputación

Acordo:

Aprobar inicialmente a Ordenanza reguladora do acceso electrónico aos servizos provinciais da Deputación de Ourense e dos seus entes dependentes e adscritos.

Ordenanza de selección de persoal

Acordo:

Aprobar inicialmente a modificación da ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación de Ourense, modificando os artigos 4 e 5 e engadindo unha disposición transitoria terceira coa seguinte redacción: “As listas previas das categorías profesionais do subgrupo C2, excepto as de auxiliares de administración xeral e as de choferes especialistas actualmente en vigor seguirán estando vixentes ata que se confeccionen e se aproben con carácter definitivo as novas listas a través do sistema de concurso-oposición”.

Modificacións na RPT

Acordo:

Aprobar inicialmente as modificacións na vixente Relación de Postos de Traballo da Deputación de Ourense, mediante a corrección de erros, dos seguintes requisitos para o desempeño dos postos de Asesoría Xurídica que se detallan: 1 xefe do Gabinete de Asesoría Xurídica e Asistencia a Municipios. Titulación requirida: grao en Dereito ou equivalente; 1 subdirector de Asesoría Xurídica e Asistencia a Municipios. Titulación requirida: grao en Dereito ou equivalente; 2 asesor xurídico. Titulación requirida: grao en Dereito ou equivalente.

Modificación das bases de execución do orzamento

Acordo:

Aprobar inicialmente a modificación n.º 7/2021 das bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Ourense, variacións que non afectan cuantitativamente ao orzamento de 2021.

Servizo de recollida de aceite de orixe doméstica

Acordo:

Aprobar o convenio de cooperación entre a Deputación de Ourense e os concellos da provincia para a prestación, por parte de Deputación, en réxime de competencia delegada e con carácter intermunicipal, do servizo de recollida de aceite de orixe. A delegación de competencias establecida neste convenio comprenderá o exercicio das seguintes funcións: a ordenación do servizo, incluíndo o establecemento ou modificación das súas condicións de prestación e a elaboración e aprobación, de ser o caso, da correspondente ordenanza reguladora; a xestión do servizo de forma directa coa colaboración de unha empresa especializada mediante un contrato de servizo; a instalación de colectores aptos para o depósito directo de botellas e envases de ata dous litros de aceite usado de orixe doméstica ou asimilado na vía pública no lugar previamente concertado con cada concello, e a realización de campañas de información entre a poboación.

Acollemento familiar

Acordo:

  1. Que a Deputación de Ourense ordene e actualice a súa normativa para establecer expresamente a equiparación de feito, na medida do posible, para os efectos administrativos, aos menores en acollemento en calquera das súas modalidades —temporal, permanente, preadopción ou de urxencia— á condición de fillo ou filla, durante o tempo que se atopen baixo acollemento familiar, configurando medidas que apoien positivamente a estas familias e menores.
  2. Que a Deputación de Ourense incorpore o ítem “familia acolledora” ou “crianza en acollida” nos impresos e modelos das súas áreas de xestión, configurando medidas que apoien positivamente a estas familias e menores.
  3. Que a Deputación de Ourense considere ás familias acolledoras de especial protección, aplicando medidas de discriminación positiva que faciliten a vida comunitaria a nivel local das persoas que acollen e das acollidas.
  4. Que a Deputación de Ourense valore a posibilidade de ofrecer formación básica ou avanzada ao seu persoal, en materia de medidas de protección de menores, especialmente sobre acollemento familiar.
  5. Que a Deputación de Ourense elabore un rexistro provincial de familias acolledoras de carácter voluntario.
  6. Que a Deputación de Ourense aprobe axudas para familias acolledoras.
  7. Que a Deputación de Ourense poña en práctica medidas para divulgar e sensibilizar sobre acollemento familiar e da necesidade de ter familias acolledoras.
  8. Instar a Xunta de Galicia a dotar unha partida orzamentaria para as familias acolledoras ou para o acollemento familiar.
  9. Instar á Xunta de Galicia a potenciar o criterio de acollemento familiar permanente.
  10. Instar ao Goberno de España e a Xunta de Galicia a contemplar dentro dos orzamentos, tanto do Goberno de España como da Xunta de Galicia de unha partida especificamente dedicada as familias acolledoras ou para o acollemento familiar; e que tanto o Goberno de España como a Xunta de Galicia poñan en practica medidas de divulgación e de sensibilización sobre o acollemento familiar e a necesidade fundamental de ter familias acolledoras.

Defensa do patrimonio

Acordo:

  1. O pleno provincial da Deputación de Ourense insta ao goberno provincial a reactivar a Comisión Provincial de Patrimonio.
  2. Instar á Xunta de Galiza a elaborar un informe sobre a situación do patrimonio cultural da provincia, e que este sexa remitido á Deputación de Ourense e a todos os concellos desta provincia.
  3. Instar á Xunta de Galiza a deseñar en coordinación coa Deputación provincial un proxecto global de xestión do patrimonio sostíbel, para a protección dos elementos patrimoniais da provincia. No que se priorice o coñecemento e valorización do patrimonio sobre criterios turísticos, que poden ser complementarios, pero non á inversa. Coa conseguinte partida para estes fins nos Orzamentos da Xunta para o ano 2022 e seguintes.

4- Posta a disposición dos propietarios de bens catalogados, dos cadros técnicos da Deputación de Ourense para o deseño de proxectos destinados a garantir a consolidación do patrimonio cultural que eviten o seu deterioro.

  1. Crear un fondo que con criterios obxectivos na súa adxudicación, apoie a persoas físicas e institucións propietarias de bens patrimoniais catalogados dispostas a emprender reformas de rehabilitación de ditos bens.
  2. Que a Deputación de Ourense emprenda un proxecto didáctico de divulgación patrimonial para a concienciación a cargos municipais, propietarios individuais e colectivos veciñais, dos bens patrimoniais que atesouran os seus concellos, incidindo no valor social do patrimonio, evitando así que as medidas sexan reactivas aos danos.
  3. Instar á Xunta de Galiza a elaborar e poñer en funcionamento un plan pedagóxico patrimonial escolar para que o coñecemento, o coidado e o que representa o patrimonio forme parte dos principios educativos das nenas e nenos.
  4. Instar á Consellería de Cultura e Universidades da Xunta de Galiza en coordinación coa Deputación de Ourense a implementar ferramentas dixitais para a difusión e coñecemento do noso patrimonio.
  5. Instar á Xunta de Galiza a dar traslado do proxecto de albergue que se está realizando no Mosteiro de Oseira, a fin de poder avaliado en profundidade nesta Deputación, se este non fora trasladado a data da celebración deste pleno.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para contratar un novo sistema de...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deu luz verde a dous novos proxectos construtivos financiados parcialmente con fondos procedentes do Plan...

A Deputación conta cun novo aparcamento de bicicletas no Edificio Administrativo de Pontevedra

0
A nova instalación ten espazo para asegurar simultaneamente dez bicicletas diferentes, e está localizada na parte traseira do edificio A Deputación de Pontevedra pon desde...

Luis López destaca as 170 adopcións e o coidado de 288 cans no que...

0
O dirixente provincial percorreu as instalacións deste centro de acollida dependente da Deputación acompañado polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda A Deputación destina 1,4 millóns...

Publicacións Relacionadas