• Silvia Junco: “A asignación do Concello é insuficiente, por iso pedimos que se acheguen cifras similares ao resto de cidades galegas para que o Concello e a entidade remen na mesma dirección co obxectivo de protexer ás persoas máis vulnerables”
• O partido máis votado presenta unha moción, coa que espera lograr o apoio dos outros dous partidos da corporación, para que a Xunta de Goberno Local ordene o incremento da partida orzamentaria
O grupo municipal do Partido Popular ha rexistrado unha nova moción para solicitar ao Concello que incremente a partida orzamentaria destinada ao convenio que financia o labor social de Cáritas Interparroquial de Pontevedra.
“Desde o PP consideramos que non é suficiente a asignación do Concello e pedimos que se acheguen cifras similares ao resto de cidades galegas. O Goberno municipal e Cáritas deben remar xuntos na mesma dirección, colaborando estreitamente na protección das persoas máis vulnerables”, argumentou Silvia Junco.
A concelleira popular lidera esta proposta que “se fai máis necesaria que nunca” coa apertura, hai apenas un ano, do novo albergue San Javier, situado na rúa Joaquín Costa. O único aloxamento residencial da cidade destinado ás persoas sen fogar que atopan na entidade “un recurso social para axudarlles a saír dunha situación de risco ou exclusión”.
O albergue San Javier dispón de 27 prazas de aloxamento e unha zona destinada a mulleres que, antes do traslado ao centro urbano, era inexistente na cidade. Esta novidade posibilita que sete mulleres pernoiten cada día nas novas instalacións, onde se presta unha atención integral e personalizada aos usuarios. Desde mediados do 2023 ata a actualidade houbo 9.570 pernoitas, o que implica unha media de 26 prazas cubertas.
“Os datos evidencian que hai moita xente que o está pasando realmente mal e, desde o Concello, como a administración máis próxima ao cidadán, débese ter a responsabilidade e humanidade para contribuír economicamente cara á mellora do benestar desas persoas”, esgrimiu a edil como argumento para reforzar o convenio con Cáritas.
Durante os últimos meses, o PP pediu, por activa e por pasiva, que se reforcen os servizos sociais para poñer coto aos problemas de convivencia cidadá na Ferrería, as galerías Oliva ou a praza de Galicia, onde se viviron episodios que supoñen “a cara máis severa dos procesos de exclusión social”.
O labor “encomiable” de Cáritas non se reduce exclusivamente a un servizo de acollida, valoración e asesoramento, aloxamento e manutención, hixiene, lavandería e roupeiro; senón que tamén, dentro das súas actuacións, conta con servizos complementarios orientados á inserción laboral.
Por todo iso, e #ante a ausencia de máis albergues destinados a este fin social, o partido máis votado na cidade espera lograr o apoio dos outros dous grupos da corporación municipal para que a Xunta de Goberno local ordene o incremento da partida orzamentaria que se destina ao convenio con Cáritas Interparroquial de Pontevedra.

