Home Deputacións Deputación Ourense O presidente da Deputación reúnese coa alcaldesa de A Rúa para escoitar...

O presidente da Deputación reúnese coa alcaldesa de A Rúa para escoitar as demandas dun concello “fundamental” para a comarca de Valdeorras

- Anuncio -

Luis Menor e María González Albert mantiveron un encontro de traballo na Casa Consistorial de A Rúa para repasar os proxectos de colaboración da Deputación, cuxa previsión é ter recibido un millón de euros de inversión ao final do mandato provincial, a través do plan CooperOU de reparto de axudas a concellos e de outras iniciativas

A rexidora agradeceu a “moi boa conexión” e o “esforzo” na colaboración da Deputación co concello que dirixe

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reuniuse coa alcaldesa de A Rúa, María González Albert, na Casa Consistorial deste municipio que Menor tildou como “fundamental” para o desenvolvemento da comarca de Valdeorras. Abordaron os proxectos realizados a través da colaboración entre institucións e as necesidades pendentes de A Rúa, en ámbitos como as comunicacións. José Vicente Solarat, concelleiro do municipio, tamén participou no encontro de traballo.

Luis Menor lembrou que a Deputación de Ourense conseguirá que, ao final de mandato provincial, A Rúa teña recibido un millón de euros, tanto a través do plan CooperOU de reparto de axudas a concellos como doutras iniciativas de colaboración.

Neste sentido, a alcaldesa agradeceu a “moi boa conexión” e o “esforzo” na colaboración da Deputación con este municipio do oriente ourensán. “Estamos moi satisfeitos co plan CooperOU porque os concellos sempre temos necesidades e agradecemos que se atendan as demandas de A Rúa”, sinalou María González Albert.

O presidente provincial destacou a “especial atención” da Deputación de Ourense a este concello, dentro da súa posición xeográfica, a través de estratexias como a implantación da primeira sede da Deputación fóra do Pazo Provincial, que se sitúa en Valdeorras para poder estar preto das demandas do oriente ourensán. Así, Luis Menor puxo en valor proxectos “pioneiros” como Ruagua, para facer unha xestión máis eficiente do ciclo da auga ou o Perte, co que Valdeorras será a primeira comarca na que se finalice a instalación de contadores intelixentes.

Menor destacou tamén a “disposición” da institución ourensá para atender demandas como a das comunicacións, que “reivindicaremos dentro do ámbito que nos corresponde”, dixo o presidente provincial, “para que o resto de administracións fagan as súas apostas”.

Relacionadas

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 10 acordos na súa...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 10 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de...

O Termalismo Social provincial supera as 1000 prazas nas primeiras 36 horas desde a...

0
O 28 de xaneiro ás 00:00 horas abría o prazo de presentación de solicitudes do Programa de Termalismo Social provincial e, transcorridas 36 horas,...

A Deputación coedita xunto ao Grupo Marcelo Macías a publicación “Castromao”, de Francisco Fariña...

0
Trátase dunha Guía pretende ser unha invitación a achegarse a Castromao (Celanova, Ourense) e aproveitar para gozar da paisaxe e coñecer algún dos elementos...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables á Estrada e Lalín para...

0
O deputado provincial Javier Tourís reuniuse con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e José Crespo, de Lalín, con motivo da visita da oficina móbil...

Deputación reforza a súa colaboración coa Asociación de Empresarios de Valdeorras para consolidar a...

0
O presidente provincial, Luis Menor, mantivo un encontro de traballo coa directiva da Asociación de Empresarios de Valdeorras, destacando “o dinamismo” deste colectivo que...

A Deputación inaugura a Oficina Transfronteiriza de Apoio á Transición Enerxética para asesorar proxectos...

0
O deputado de Medio Ambiente e Enerxía, José María Lago, visitou as instalacións dende as que se prestará servizo técnico e xurídico a todas...

Publicacións Relacionadas