HomeO SalnésCambadosO presidente Luis López asiste ao Capítulo Serenísimo do Albariño que distingue...

O presidente Luis López asiste ao Capítulo Serenísimo do Albariño que distingue o deputado provincial Javier Tourís como Folla de Prata pola súa defensa do viño Albariño

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado do deputado provincial Javier Tourís, asistiu este domingo en Cambados ao Capítulo Serenísimo do Viño Albariño-Rías Baixas, durante o cal tivo lugar o nomeamento do deputado como Folla de Prata pola súa traxectoria profesional e defensa do viño Albariño, en recoñecemento á súa colaboración na promoción do viño Albariño-Rías Baixas. Os actos tiveron lugar no Auditorio da Xuventude.

A distinción ao deputado provincial súmase á que xa recibira o presidente Luis López o pasado ano, cando foi investido como cabaleiro do Albariño do Capítulo Serenísimo. Ademais, a deputada provincial Nava Castro ​asiste tamén este domingo, última xornada da festa, ao Xantar Oficial do Albariño que se celebra no Pazo Torrado da localidade.

Publicacións Relacionadas