HomeAllariz-MacedaAllarizO Programa de Termalismo Social da Deputación de Ourense incorpora desde este...

O Programa de Termalismo Social da Deputación de Ourense incorpora desde este luns 31 de marzo ao novo Balneario de Allariz

- Anuncio -spot_img

O grupo OCA abre o seu balneario de Allariz incorporándoo ao Termalismo da Deputación de Ourense

Desde este luns 31 de marzo ás 10:00 horas xa se poderá solicitar praza de termalismo social no novo balneario da provincia, cuxa primeira quenda iniciarase o 6 de abril

O Balneario incorpórase á modalidade de Estancias Termais de 6 días (5 noites) e ao Termalismo contra a soidade non desexada

O pasado mes de febreiro o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acudía a unha reunión con representantes dos balnearios da provincia para avaliar as primeiras semanas de lanzamento do Termalismo Social provincial 2025. A reunión mantívose nas instalacións do Hotel OCA Vila de Allariz xa que este establecemento recibía nesa mesma semana a acreditación como Balneario; nese ámbito anunciábase e planificaba a inminente incorporación do establecemento ao Programa de Termalismo Social Provincial que esta semana se produce.

O novo balneario incorporarase a dúas modalidades do termalismo social provincial, a de Estancias termais de 6 días (5 noites) e á do termalismo contra a soidade non desexada.

Un novo balneario na provincia con augas oligometálicas

O novo centro termal da provincia é un Hotel Balneario de catro estrelas e 39 habitacións situado nunha Reserva da Biosfera a UNESCO, así recoñecida desde 2005, e as súas augas mineromedicinais son oligometálicas de mineralización moi débil, con predominio de bicarbonatos cloruros, sodio e calcio.

O complexo termal ofertará un completo circuíto termolúdico composto por piscina activa, baño de vapor, sauna seca, cabina nebulizadora e ducha tropical. Un dos elementos máis diferenciais da piscina activa é a fervenza de catro metros que cae desde a planta superior.

As instalacións colectivas complétanse con camas de auga, río xéiser, pescozos de cisne, postos de hidromasaxe a diferentes alturas, cadeiras de brazos de burbullas e cadeiras de brazos de hidromasaxe, contando tamén con zonas de relaxación individual compostas por cabinas de masaxe, chorro termal, baño Niágara, e cabinas nas que poder recibir distintos tipos de masaxes e tratamentos como: envolvementos de limos e algas, tratamentos faciais, tratamentos corporais e moito máis.

Estancias termais desde o 6 de abril

A principal modalidade do termalismo social provincial á que se suma o Balneario de Allariz é a de Estancias Termais de 6 días (5 noites) que ofertará de domingo a venres en réxime de media pensión.

A media pensión contemplará almorzo e cea, podendo os participantes realizar de maneira libre o xantar en calquera dos establecementos que conforman a ampla oferta gastronómica allaricense.

O prezo das estancias para persoas empadroadas en calquera dos 92 municipios da provincia de Ourense será de 313 euros.

Toda a información en www.termalismourense.com

Toda a información sobre o Programa de Termalismo Social provincial pode consultarse na web www.termalismourense.com, desde o portal pódense realizar as solicitudes e a reserva inmediata de praza.

Para calquera dúbida está habilitado o teléfono de consultas 988 317760 en horario de 8:30 a 14:30.

Publicacións Relacionadas