HomeDeputaciónsDeputación OurenseO proxecto Green Gap, no que participa a Deputación, pon en marcha...

O proxecto Green Gap, no que participa a Deputación, pon en marcha un obradoiro de deseño e xestión de espazos verdes urbanos

- Anuncio -spot_img

Esta acción formativa terá lugar en Santiago de Compostela o 10 de setembro e as persoas interesadas poden inscribirse na páxina www.green-gap.eu/es

A iniciativa Green Gap, na que xunto á institución provincial ourensá se integran outros dez socios galegos e portugueses, conta un orzamento de 2,1 millóns de euros para protexer e conservar a natureza dende o ámbito local

A Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, acollerá o vindeiro 10 de setembro un obradoiro de deseño e xestión de espazos verdes urbanos, dentro do proxecto Green Gap, no que participa a Deputación xunto a outros dez socios galegos e portugueses.

As persoas interesadas en participar nesta acción formativa poderanse inscribir na páxina www.green-gap.eu/es. Todas as actividades ofreceranse ao longo dos próximos meses en diferentes formatos (presencial ou mixto), así como a través da páxina web do proxecto e das redes sociais do mesmo, contando sempre co coñecemento de profesorado e expertos especializados.

O Green Gap, conta cun orzamento total de 2.178.853,15 euros (cofinanciado ao 75% polo FEDER a través do Programa INTERREG VI A España Portugal (POCTEP) 2021-2027), co que aspira dende o ámbito local a protexer, conservar e potenciar a natureza e os elementos que conforman a infraestrutura verde no espazo transfronteirizo. Para isto, preténdese impulsar a súa planificación, valorizando os ecosistemas naturais, o medio ambiente urbano e os servizos ecosistémicos. Preténdese ademais a mitigación e adaptación aos efectos do cambio climático, deseñando unha paisaxe resiliente.

 No marco desta iniciativa, a Deputación de Ourense colabora activamente cun orzamento de 170.342,00 euros (cofinanciado ao 75% polo FEDER a través do Programa INTERREG VI A España Portugal (POCTEP) 2021-2027).

Once socios galegos e portugueses

Este proxecto europeo no que se integra a Deputación de Ourense está conformado por outros dez socios galegos e portugueses: o Instituto de Estudos do Territorio (Xunta de Galicia), o Municipio de Paredes de Coura, a Universidade da Coruña, a Universidade do Minho, o Municipio de Guimarães, o Laboratório da Paisagem – Associação Para a Promoção do Desenvolvimento Sustentável, a Fundación Centro de Estudios Eurorrexionais Galicia-Norte de Potugal, o Concello de Pontevedra, a Agência Portuguesa do Ambiente, o Instituto da Conservação da Natureza e das Florestas). 

Publicacións Relacionadas