Home Deputacións Deputación Ourense O proxecto para a senda termal entre Ribadavia e as termas de...

O proxecto para a senda termal entre Ribadavia e as termas de Prexigueiro entra na fase final de redacción

- Anuncio -

Con esta actuación preténdese mellorar a conectividade entre o centro histórico da vila e este espazo termal, recuperar puntos degradados da paisaxe, aumentar a atracción turística e dinamizar a comarca do Ribeiro

O proxecto está enmarcado no Plan de Sostenibilidade Turística en “Ourense Termal” -realizado en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo- e forma parte da aposta da Deputación de Ourense polo turismo, o patrimonio e o medio ambiente

O carácter estratéxico deste proxecto vén dado pola importancia que teñen as termas de Prexigueiro no conxunto do ecosistema termal da provincia

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o vicepresidente segundo e responsable da cooperación cos concellos do Ribeiro, César Fernández, visitaron a zona pola que transcorrerá o futuro sendeiro termal que unirá o casco histórico de Ribadavia coas termas de Prexigueiro, e cuxo Plan Director se atopa na fase final de redacción.

Esta actuación, que constitúe o concepto pioneiro de “sendeiro termal”, sitúase no marco do Plan de Sostenibilidade Turística (PST) en “Ourense Termal” e ten por obxectivos mellorar a conectividade entre ambas localizacións, recuperar diferentes puntos degradados da paisaxe, e ofrecer un produto complementario que aumente a atracción turística.

No marco da comisión do seguimento do PST en “Ourense Termal” -plan realizado coa colaboración de Deputación, Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo-, apostouse por priorizar este sendeiro termal pola importancia que teñen as termas de Prexigueiro no conxunto do ecosistema termal da provincia -contando cuns 50.000 usuarios anuais-. Este espazo recreativo provoca a desestacionalización e diversificación do turismo, polo que é importante unha boa conexión entre este punto e a vila de Ribadavia, aumentando o número de visitantes e dinamizando a comarca do Ribeiro e a súa capital. Tamén se espera con esta actuación que se produza un aumento das inversións privadas para a ampliación da capacidade de aloxamento da zona.

Senda termal de 5 quilómetros

A senda termal terá unha distancia aproximada de 5 quilómetros, dos que só a metade son transitables na actualidade -entre Ribadavia e Francelos-. Na outra metade existe un crecemento da vexetación que impide o paso. O proxecto tamén recolle a recuperación de certos tramos do antigo camiño medieval, polo que se poderán poñer en valor os vestixios históricos existentes neses treitos antigos.

A construción da senda termal forma parte da aposta da Deputación de Ourense polo turismo e o deporte sostibles como principais elementos dinamizadores da actividade económica; a cultura e o patrimonio como elementos característicos da identidade propia de Ribadavia; a socioeconomía como reflexo da dimensión social e da vinculación ao territorio; e o medio ambiente como factor diferencial, recurso patrimonial, paisaxístico e económico.

O plan director, xa na última fase de redacción, ten como eixos fundamentais os elementos antes citados -turismo, deporte, cultura, patrimonio e medio ambiente-. Este traballo previo de planificación conta coa participación dun equipo multidisciplinar formado por profesionais do ámbito da xeografía, paisaxismo, ciencias ambientais, urbanismo, cultura e patrimonio, turismo, economía e participación cidadá.

Obxectivo do Plan de Sostenibilidad Turística en Ourense Termal

O Plan de Sostenibilidad Turística en “Ourense Termal” é froito dun convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense, a Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, a través do cal, investiranse máis de 3 millóns entre o 2022 ao 2024, para lograr a transformación competitiva dos 15 municipios rurais termais de Ourense.

Relacionadas

A Deputación facilita 16 máquinas para a conservación de estradas e praias ás Mancomunidades...

0
O acordo institucional de cesión fai posible que a maquinaria que a Administración provincial xa non utiliza se poña ao servizo da mellora das...

A curta documental “Aquí está Carme” recoñece o papel clave das mulleres do rural...

0
“Acciona o rural” abarrota o Salón de Plenos da Deputación para a estrea do audiovisual coa presenza das 30 veciñas de Silleda, Mondariz e...

A Deputación lanza “Gravadas na Memoria” un proxecto audiovisual con testemuñas que viviron de...

0
A deputada María Ortega destaca a necesidade de conservar as súas voces “porque a memoria é un patrimonio da humanidade” As pezas lanzaranse unha por...

Deputación de Pontevedra e CSIC intervirán en oito xacementos da provincia

0
As actuacións son o resultado da convocatoria aberta aos concellos na que foron seleccionados Cambados, Catoira, Cuntis, Forcarei, Fornelos, Mondariz, Oia e Vilagarcía As institucións...

A Deputación aproba novos recursos por 6 millóns de euros para impulsar iniciativas nos...

0
A Xunta de Goberno aprobou achegas en materia de cooperación, igualdade, cultura, apoio ao sector primario, infraestruturas e transformación dixital para “garantir proxectos e...

A Deputación colabora no proxecto “Aterra” do GDR Limia-Arnoia como “exemplo da suma de...

0
Manuel Baltar avanzou esta vía de cooperación tralo encontro que mantivo esta mañá no Pazo Provincial cos representantes da xunta directiva deste Grupo de...

Publicacións Relacionadas