HomeDeputaciónsDeputación OurenseO proxecto Ruagua culmina “sementando novas ideas, novas políticas e novas formas...

O proxecto Ruagua culmina “sementando novas ideas, novas políticas e novas formas de entender a xestión da auga en Valdeorras”

- Anuncio -spot_img

A deputada provincial delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González Quintela, participou no Centro Sociocultural Avenida no acto de peche desta iniciativa que vén de representar na comarca un modelo de desenvolvemento máis sostible e circular

Ruagua foi protagonista dun dos tres proxectos seleccionados pola Fundación Cotec e IKEA, no marco do programa DEMOS. Os socios desta iniciativa foron tamén Cetaqua, AquaOurense e o Consorcio de Augas de Valdeorras

O Centro Sociocultural Avenida de A Rúa acolleu esta mañá o acto final do proxecto Ruagua, promovido pola Deputación e un dos tres proxectos seleccionados pola Fundación Cotec e IKEA, no marco do programa DEMOS, contando tamén con Cetaqua, AquaOurense e o Consorcio de Augas de Valdeorras como socios.

A deputada provincial delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González Quintela, que acudiu acompañada polo director da Área de Medio Ambiente da Deputación, Javier Bobe, amosou en nome da institución o seu “orgullo” polo que supuxo Ruagua, “un paso adiante na nosa comarca cara un modelo de desenvolvemento máis sostible e circular”. Lembrou a deputada que Ruagua foi un exemplo claro de como a colaboración entre a administración, un centro tecnolóxico, empresas e cidadanía poden xerar solucións reais para desafíos tan urxentes como a xestión da auga ou a enerxía, “especialmente nun territorio marcado pola sequía como é A Rúa, no que estes desafíos xa non son do futuro: son do presente”.

González Quintela recalcou tamén que neste proxecto non só se falou da teoría da economía circular: púxose en práctica. “Amosamos que é posible aproveitar mellor os nosos recursos, mediante a innovación e a participación social. E que facelo dende o local, dende o máis preto, dende a nosa comarca, ten un valor multiplicador”.

Por último, María del Carmen González concluiu sinalando que o proxecto Ruagua culmina “sementando novas ideas, novas políticas e novas formas de entender a xestión da auga en Valdeorras”, augurando vindeiras colaboracións neste eido.

Publicacións Relacionadas