Home Ourense A Peroxa O Trial A Peroxa reunirá este fin de semana a máis de...

O Trial A Peroxa reunirá este fin de semana a máis de 300 participantes

- Anuncio -

Esta cita está organizada polo Moto Club A Peroxa coa colaboración da Deputación de Ourense


O sábado terá lugar a competición de trial e o mini enduro, o domingo será a quenda do enduro

A Peroxa será esta fin de semana a capital do motociclismo de campo galego coa celebración de competicións de trial e enduro durante as xornadas de sábado e domingo. O Trial A Peroxa, organizado polo Moto Club A Peroxa coa colaboración da Deputación de Ourense, conta con arredor de 300 participantes inscritos nas diferentes probas, o que constitúe unha altísima participación nas competicións de motos de campo.


O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, abordou os detalles do Trial A Peroxa co xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; o concelleiro da Peroxa José Manuel Rodríguez; e o representante da Liga de Trial, Javier Quintas.


A xornada do sábado albergará as competicións de trial e mini enduro. Por unha banda, a proba de trial prolongarase desde as 12,00 ata as 17,00 horas. Esta competición, que forma parte da Liga Trial Box, dividirase en cinco categorías segundo a dificultade do percorrido. En paralelo -das 14,00 ás 17,00 horas- celebrarase unha proba de mini enduro na que participarán os máis cativos.


Na xornada do domingo será a quenda do enduro, o prato forte da fin de semana, que se prolongará desde as 11,30 ata as 17,30 horas. Esta proba contará cunha grande participación, e será aínda máis especial pola presenza de varios campións nacionais de enduro júnior e absolutos.


Tanto para o trial como o enduro, o circuíto de competición será variado, contando con zonas de terra, pedra, barro e auga, e cunha contorna natural singular.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas