HomeDeputaciónsDeputación PontevedraO venres 11 de xuño "O Museo en Camiño" chegará a Cesanes...

O venres 11 de xuño “O Museo en Camiño” chegará a Cesanes para dar a coñecer os fondos do Museo de Pontevedra e difundir o espírito Xacobeo

- Anuncio -spot_img

Está aberto o prazo para a inscrición previa, que priorizará ás crianzas do municipio redondelán

O venres 11 de xuño terá lugar en Cesantes (Redondela) o oitavo obradoiro de ‘O Museo en Camiño’, unha iniciativa que se está a desenvolver grazas ao Museo de Pontevedra no marco do programa O Teu Xacobeo da Xunta. Destinado a crianzas de entre 6 e 12 anos, é preciso formalizar inscrición previa, que xa está aberta.

O obradoiro plástico e creativo proposto desenvolverase no Centro Cultural Deportivo de Cesantes de 17:00 a 18:30h e ten como finalidade que nenos e nenas de 6 a 12 anos coñezan os valores da ruta xacobea así como o patrimonio atesourado no Museo Provincial de Pontevedra. A inscrición debe formalizarse no correo electrónico contacto@tallerabierto.info ata completar aforo, tendo prioridade as crianzas do municipio.

A institución provincial convértese nun ‘museo itinerante’ que xa pasou por Redondela o pasado 16 de abril, Barro, Valga, Ribadelouro, Tui, Pontecesures e Arcade ao longo do Camiño Portugués con réplicas de pezas esenciais para a institución e cun programa didáctico que achegou a nenos e nenas o miliario de Salcedo, a Santa Tegra de Lugrís, as Campesiñas parolando de Luís Seoane, unha autocaricatura de Castelao, a obra de Sobrino Buhigas Santa María desde a Caeira, un Santiago Peregrino do século XVII e o retablo de San Acacio e os dez mil mártires do Monte Ararat do século XIV.

Este ‘museo portátil’ continuará a súa viaxe ata xuño e cara ao mes de setembro
farase unha exposición no Museo de Pontevedra que explicará ao gran público o
desenvolvemento do programa didáctico.

Publicacións Relacionadas