O vicepresidente Rafa Domínguez asiste á inauguración e posta en funcionamento do vial perimetral do Gran Montecelo

adminON
Lectura mínima de 1

O vicepresidente primeiro da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe ao acto de apertura e posta en funcionamento do vial perimetral do Gran Montecelo, financiado integramente pola institución provincial con 1,4 millóns de euros no marco dun convenio entre a Deputación e o Concello de Pontevedra. O vicepresidente participou na comitiva que percorreu os 830 metros desta nova rúa, comezando desde a primeira rotonda situada ao norte do hospital e rematando nas inmediacións da entrada do Centro Príncipe Felipe, propiedade da institución provincial.

O vicepresidente destacou “a altura institucional e o acordo entre administracións”, aludindo á cooperación entre a Xunta de Galicia, a Deputación e o Concello de Pontevedra, “para sacar adiante este tipo de obras” xa que “o Gran Montecelo é unha infraestrutura clave non só para a cidade senón para toda a provincia de Pontevedra”.

Comparte este artigo