O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe ao acto polo XXX Aniversario da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Poio, que tivo lugar no Centro Cultural Xaime Illa Couto. Durante o acto fíxose un especial recoñecemento e homenaxe aos voluntarios que, nalgún momento dos últimos 30 anos e de maneira totalmente altruísta, formaron parte da agrupación e dedicaron o seu tempo a servir ao demais.