HomeDeputaciónsDeputación PontevedraO vicepresidente Rafa Domínguez participa na presentación dos XII Premios Martín Códax...

O vicepresidente Rafa Domínguez participa na presentación dos XII Premios Martín Códax da Música

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe no Concello de Pontevedra no acto de presentación dos XII Premios Martín Códax da Música, que se celebrarán no Pazo da Cultura de Pontevedra o vindeiro 28 de maio. Durante o acto, Domínguez remarcou o apoio da institución provincial a estes premios “porque entendemos a cultura como un ben esencial, como un dereito e tamén como un motor de desenvolvemento para o territorio”.

O vicepresidente provincial lembrou que a música galega “está a vivir o seu mellor momento en termos de visibilidade, de público e de recoñecemento por parte da crítica” e agradeceu á Asociación Músicas ao Vivo, ao xurado, o público e os artistas e proxectos existentes “por manter viva a música galega día a día”. “Desde a Deputación de Pontevedra, seguiremos a acompañar e reforzar proxectos culturais transformadores, que crean comunidade e proxectan o mellor da nosa identidade”, confirmou Domínguez.

Publicacións Relacionadas