O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu este xoves xunto coa deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, ata a rúa Frei Xoán de Navarrete, en Pontevedra, para participar no Día da Cuestación “O teu apoio é clave” organizado pola Asociación Española Contra o Cancro. Trátase dunha tradicional actividade da entidade para recadar fondos para a prevención, detección precoz, investigación, atención social e apoio psicolóxico para os/as pacientes con cancro e o seu contorno.