HomeDeputaciónsDeputación PontevedraO vicepresidente Rafa Domínguez pon en valor os 25 anos da Festa...

O vicepresidente Rafa Domínguez pon en valor os 25 anos da Festa HQR! á hora de consolidar Pontevedra como a provincia do deporte

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, puxo en valor este xoves a Festa HQR! como “un deses elementos da idiosincrasia pontevedresa que contribúen a que esta sexa a provincia do deporte”. O vicepresidente fixo esta valoración durante a inauguración da exposición fotográfica que conmemora a efeméride, instalada diante do Hospital Provincial de Pontevedra. Para Domínguez, “esta é unha festa verdadeiramente única en Galicia, un evento multideporte que combina lecer con aprendizaxe e que demostra que esta cidade e esta provincia somos canteira”. Ademais, o vicepresidente salientou o “enorme poder que ten o deporte á hora de promover sociedades máis xustas, participativas, cohesionadas e con valores, e por iso aplaudimos este tipo de iniciativas de promoción do deporte”.

A exposición fotográfica conmemora os 25 anos da Festa HQR!, organizada polo xornal Diario de Pontevedra, pola que neste tempo pasaron uns mil clubs, cen mil deportistas e preto de cento cincuenta mil visitantes, e que lle valeu unha mención da comisión executiva do Comité Olímpico Español ou candidaturas ao premio Cidade de Pontevedra. “Levades 25 anos roendo pero nestes ósos aínda hai moita substancia, así que queda moito aínda por roer”, sinalou Rafa Domínguez.

Publicacións Relacionadas