HomeDeputaciónsDeputación PontevedraO vicepresidente Rafa Domínguez presenta o Campionato Galego de Longa Distancia que...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta o Campionato Galego de Longa Distancia que acollerá o Complexo Deportivo Rías do Sur esta fin de semana

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar na presentación do Campionato Galego de Longa Distancia que acollerá o Complexo Deportivo Rías do Sur esta fin de semana. “Un ano máis –remarcou Domínguez- o Galaico volverá amosar o seu bo facer como equipo e o seu bo facer como anfitrión, demostrando a pasta da que estamos feitos nesta cidade e nesta provincia de Pontevedra, a provincia do deporte”.

“Na Deputación –subliñou o vicepresidente- estamos a dedicar máis recursos ca nunca ao deporte, incrementando o próximo ano nun 35% os orzamentos nesta materia ata chegar aos preto de 9 millóns de euros”. Neste eido recordou que no 2026 se porá en marcha un plan de mellora de infraestruturas deportivas non municipais, unha Sports Commission e se incrementarán as axudas ao deporte de elite ou ao deporte de ámbito estatal.

Publicacións Relacionadas