Free Porn
xbporn
Home Terra de Celanova A Bola O xeodestino “Terras de Celanova-Serra do Xurés” estrea o seu vídeo promocional...

O xeodestino “Terras de Celanova-Serra do Xurés” estrea o seu vídeo promocional en Fitur

- Anuncio -

O presidente do Inorde presentou hoxe, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense e á xerente do Inorde, os atributos dos municipios que integran esta zona ourensá na 43.ª Feira Internacional de Turismo en Madrid

Rosendo Fernández afirmou que “ten recursos sobradamente recoñecidos, para que sexa o destino que escollan os turistas que busquen un lugar onde desconectar a través de plans deseñados para todos os públicos que permiten gozar da natureza en estado puro”

O presidente do Inorde e vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, presentou hoxe xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e a xerente do Inorde, Emma González, o xeodestino “Terras de Celanova-Serra do Xurés, inmersión natural” na 43.ª Feira Internacional de Turismo que se está celebrando estes días en Ifema, Madrid. No acto, estreouse o vídeo promocional deste xeodestino para que, a partir deste intre, “sírvanos como ferramenta de comunicación en diferentes medios e plataformas”, dixo Rosendo Fernández.

Os atributos deste xeodestino, xestionado polo Inorde, foron postos en valor na feira internacional de referencia para o sector turístico, por cuarto ano consecutivo. Nesta ocasión, foi a través do vídeo que recolle imaxes icónicas dos catorce municipios que integran este destino que conta con “recursos sobradamente recoñecidos, para que sexa o destino que escollan os turistas que busquen un lugar onde desconectar a través de plans deseñados para todos os públicos que permiten gozar da natureza en estado puro”, destacou o presidente do Inorde.

Rosendo Fernández afirmou que este xeodestino “representa á perfección, precisamente, a nosa marca turística “OU”. Pois, neles, atoparán valiosos exemplos deses catro recursos cabeceira que definen ao noso territorio: patrimonio, natureza, termalismo e enogastronomía”. Os recursos “son infinitos e cada día súmanse novas prazas de aloxamento, de feito, hai unha semana presentábase unha nova casa de Turismo rural e tamén o sector privado está a apostar por novos hoteis de alto nivel en Celanova”, engadiu Rosendo Fernández.

Neste sentido, o presidente do Inorde dixo que o reto que se debe afrontar actualmente no sector turístico provincial é o de “continuar dando pasos para atraer a máis visitantes ao noso territorio a través dun turismo sostible respectuoso co medio natural e que hoxe está a tan só 2 horas e 30 minutos de Madrid. Para iso, é necesario desenvolver iniciativas de mobilidade como a que presentamos o pasado mes de decembro de “carsharingturístico” que permite aos visitantes que cheguen a Ourense a través do tren, ter nas inmediacións das estacións da Gudiña e da cidade, un vehículo para moverse pola provincia, reservándoo a través dunha aplicación, por horas, días ou semanas”.

Rosendo Fernández terminou a súa intervención convidando os asistentes a “vir a Ourense para gozar dunha experiencia auténtica e única no xeodestino Celanova- Xurés, onde o noso medio natural e contorna patrimonial permítenos presumir con humildade de ser parte dunha provincia galega xenuína”.

Os municipios que integran este xeodestino son os seguintes: Cartelle, A Merca, Gomesende, Ramirás, Padrenda, Quintela de Leirado, Celanova, Verea, Bande, Lobeira, Entrimo, Lobios, Muíños e A Bola”.

Actividades do xeodestino no 2022

A xerente do Inorde fixo un breve repaso polas actividades levadas a cabo polo xeodestino o ano pasado, co apoio de Turismo de Galicia, entre as que cabe destacar a incorporación da hostalería da zona -cun espazo propio- na guía gastronómica e de restaurantes da provincia de Ourense (https://www.restaurantesourense.com/). Esta ferramenta proporciona información moi útil e detallada aos turistas do xeodestino axudándolles a planificar a súa visita.

Emma González lembrou que esta é “unha das iniciativas desenvolvidas polo xeodestino ao longo do 2022. Nese plan de acción atópanse tamén actividades de promoción para lograr unha maior notoriedade do destino en mercados de proximidade de Galicia e do norte de Portugal e actuacións con prescritores do sector a través das cales xurdiron outras como promocionar a zona no programa “Saber Vivir”. Así mesmo, desenvolveuse unha estratexia de comunicación dixital específica e participamos en Feiras como “Xantar”. Todo iso, permitiunos impulsar o destino en diferentes lugares e escenarios para captar máis visitantes”.

Relacionadas

Luis López anuncia a renovación da certificación de Areeiro como laboratorio oficial para a...

0
A Deputación asinou un protocolo coa Direcão Geral de Alimentação e Veterinária de Portugal para realizar as analíticas de 30 pragas que preocupan as...

A Deputación anuncia que a caixa de correos virtual do Teatro Fraga recibiu preto...

0
A campaña “O mellor espazo busca o mellor contido” da Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia continuará en funcionamento ata finais de...

Luis López anuncia a aprobación provisional das axudas de +Xuventude, “a primeira liña de...

0
Á espera da resolución definitiva serán un total de 17 entidades xuvenís as que gozarán destas axudas que ascenden a preto de 80.000 euros...

A Deputación lanza +Convivir, unhas xornadas lúdicas e formativas dirixidas ao movemento asociativo da...

0
O novo programa dará comezo o día 13 de setembro en Poio e espallarase por diferentes concellos da provincia A Deputación de Pontevedra lanza +Convivir,...

Luis López confirma que a provincia de Pontevedra recibiu en xullo preto do 40%...

0
O presidente da Deputación afirma que, segundo o INE, a ocupación foi un 2,2% superior á de xullo do 2023 O presidente da Deputación de...

A Deputación confirma que, con máis de 10.500 visitantes, “A era das fábulas” é...

0
Pontevedreses e visitantes déronse cita esta mañá na praza da Peregrina para amosar a súa creatividade a partir de obras de “A era das...

Publicacións Relacionadas