Home Deputacións Deputación Pontevedra Os estudos arqueolóxico e histórico-artísticos sobre Santa Clara comezarán a primeiros de...

Os estudos arqueolóxico e histórico-artísticos sobre Santa Clara comezarán a primeiros de xuño

- Anuncio -

O vicepresidente César Mosquera manifesta a súa esperanza por que aparezan “cousas súperinteresantes”

Os estudos arqueolóxicos e históricos que o Museo de Pontevedra realizará nas instalacións do Convento de Santa Clara comezarán a primeiros do vindeiro mes de xuño. Así o anunciou hoxe o vicepresidente César Mosquera logo de que a Xunta de Goberno da Deputación aprobara a adxudicación os traballos, que executará a UTE Citania Arqueoloxía-Prospectiva e Análises Arqueolóxicas SLP durante un prazo de seis meses.

O inicio da ‘obra’ non pode ser inminente xa que pola tipoloxía de contrato deben darse 15 días hábiles para presentar posibles recursos á adxudicación. No momento no que se cumpra ese prazo farase un replantexamento do proxecto de actividade e iniciaranse os diferentes labores no terreo coa maior celeridade.

A adxudicación realizouse por 272.010 euros, unha baixa sensible con respecto do prezo de licitación, que ascendía a 286.072 euros. Segundo insistiu o vicepresidente Mosquera será o estudo máis amplo e profundo da súa natureza que se leva feito en Pontevedra e en Galiza ata o momento.

Analizaranse 15.417 metros cadrados de superficie do complexo conventual grazas a un amplo equipo de traballo multidisciplinar que estará formado por 20 persoas, entre as que haberá arqueólogas, restauradoras, antropólogas, historiadoras, documentalistas e outro persoal técnico. Os resultados sobre “o que vaia aparecendo” deberán coñecerse diariamente, en tempo real, sen agardar ao informe final.

Os traballos consistirán en escavacións masivas, levantándose incluso boa parte do claustro da construción. Entre os traballos a realizar inclúese a investigación e documentación desde o punto de vista histórico-artístico da evolución do conxunto conventual desde as súas orixes ata a actualidade, así como a caracterización das súas fases construtivas. Tamén se vai realizar unha lectura estratigráfica dos paramentos das edificacións coa finalidade de recoñecer os diferentes episodios construtivos-destrutivos desenvolvidos ao longo dos máis de 750 anos de historia do convento, e avaliar a potencialidade arqueolóxica deste ámbito do borde do conxunto histórico de Pontevedra, que sufriu poucas transformacións desde a Idade Media ata a actualidade. Así mesmo, farase unha lectura do subsolo.

Segundo subliñou o nacionalista, nestes momentos estase a realizar o traballo de limpeza e retirada de entullos e lixo e estanse a descubrir elementos moi interesantes que non estaban á vista. Un deles, apuntou Mosquera, é unha zona de cortes de animais pequenos que aparentemente foi utilizada hai máis de 200 anos como refectorio pero despois cambiou de uso. Alí apareceron pinturas e outros materiais tapados que teñen bastante interese e suscitan curiosidade.

O estudo que se fará sobre Santa Clara para recoñecer a súa evolución histórica e arquitectónica debe servir de base ao proxecto de rehabilitación da edificación e recuperación dos espazos exteriores, segundo explica o vicepresidente César Mosquera, e aclarar finalmente se o edificio pode ser aproveitado para formar parte do conxunto do Museo.

Novo impulso ao Museo con proxectos potentes
Outra novidade con respecto ao Museo é a finalización dos traballos de arqueoloxía nos edificio centrais. A falta do informe final o terreo resulta ser “estéril” en termos arqueolóxicos xa que o único que apareceu foron “unhas pedras” da cimentación dun peche dun dos edificios.

Con respecto á rehabilitación dos inmobles, o vicepresidente asegurou que, dada a dificultade da obra e todos os trámites administrativos necesarios, estase avanzando a un “ritmo moi elevado” para o que é hoxe a xestión dunha actuación do seu calado. Destacou que a aprobación da modificación do Peprica e os informes doutras administracións tardaron máis do previsto, pero subliñou que o obxectivo é sacar a licitación a obra no segundo semestre.

Rexeitou ningún tipo de ‘bandazo’ sobre a actuación e salientou que todo o proxecto e intencións foron explicados de maneira “transparente” e explicou que a día de hoxe estase a solucionar unha dificultade advertida por Patrimonio para evitar que un dos ascensores previstos tape unha zona de ventá.

Descartou que os edificios se deteriorasen por estar pechados nos últimos anos e subliñou que a vida útil dos edificios centrais do Museo prorrogouse máis do previsto “xogándose o tipo”. “Cando hai pedra e madeira parece que todo está ben. Gustaríame que a xente vise como está todo no interior e levo tempo intentando facer unha visita pero ningún persoal técnico me firma que iso se poida facer”, subliñou, afirmando que non é seguro. Insistiu asegurando que “houbo sorte no seu momento” ao non ter acontecido ningún problema.

“O Museo de Pontevedra nunca tantos recursos nin tan boa xestión tivo como agora –dixo-, sempre respectando o traballo anterior que permitiron que hoxe o Museo sexa o máis potente de toda Galiza. (…) Estes proxectos son todos moi potentes para darlle un novo impulso”, finalizou.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas