Home Deputacións Deputación Pontevedra Os fondos gráficos da Asociación de Prensa de Vigo, incorporados ao metabuscador...

Os fondos gráficos da Asociación de Prensa de Vigo, incorporados ao metabuscador “atopo” da Deputación para o libre acceso da cidadanía

- Anuncio -

Trátase de 509 rexistros de fotografías, diapositivas e postais testemuña da vida política, social, económica e cultural de Vigo e a provincia na segunda metade do século XX

Os fondos gráficos da Asociación da Prensa de Vigo veñen de ser incorporados a Atopo (atopo.depo.gal) , o metabuscador de acceso libre e gratuíto creado pola Deputación de Pontevedra, e poden ser xa consultados en liña por toda a cidadanía grazas ao traballo realizado polo Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico provincial.
Os fondos documentais da Asociación foron depositados en 2006 departamento provincial, dirixido pola deputada María Ortega, e posteriormente organizados e ordenados. Quedaba pendente a catalogación do fondo gráfico, traballo que se abordou e finalizou durante 2021.
Trátase dun fondo formado por fotografías, diapositivas, tarxetas postais e outros soportes do que se incorporan ao metabuscador Atopo 509 rexistros, testemuña da vida política, social, económica e cultural de Vigo e da provincia de Pontevedra na segunda metade do século XX.
Máis de 300 desas imaxes levan o selo de Ángel Llanos, histórico fotoxornalista vigués. O resto foron realizadas por outros recoñecidos fotoxornalistas dos medios galegos como Magar, Cameselle ou Rafa así como por fotógrafos da provincia (Terol, Pako, Manolo, C. Gómez, Raimundo Cal, Ruiz, Siorty…) que traballaban como colaboradores da prensa viguesa.
Como curiosidade o fondo conta con cinco fotografías enmarcadas das sucesivas xuntas directivas da Asociación entre 1942 e os anos 60 así como oito credenciais de diferentes reporteiros que traballaban en diferentes lugares da provincia como colaboradores da ‘Hoja del Lunes’.
Fundada en 1809 e presidida inicialmente por Miguel Fernández de Lema, a Asociación da Prensa de Vigo, unha das máis antigas do Estado, non consolidou a súa importancia ata 1924, cunha directiva liderada por Roberto Blanco Torres, e de xeito especial ata a aparición da ‘Hoja del Lune’s, en 1936, constituída como medio informativo propio.
Ademáis de realizar funcións asistenciais para os seus membros, a Asociación foi durante varias décadas un elemento dinamizador da vida social e cultural local e galega: institucionalizou premios xornalísticos como o Blas Agra (recibido por, entre outros, Francisco Cal Insua, Gerardo Álvarez Gallego, Luciano del Río), ou o Banco de Bilbao a traballos xornalísticos sobre a comunidade galega, organizou conmemoracións como o anual Dia del deporte e, dun xeito especial, desenvolveu actividades de formación para os xornalistas, coa presenza en Vigo dos mellores profesionais do Estado.
A desaparición da ‘Hoja del Lunes’ en 1981 provocou a perda de incidencia da Asociación e a reducción dos servizos para os seus asociados.

Relacionadas

O BNG chama a parar o espolio e a depredación do modelo eólico da...

0
Bará chama a mobilizarse mañá, sábado 29, ás 12 h. diante do edificio administrativo da Xunta en Campolongo Nunha comparecencia de prensa, acompañado polo responsábel...

Baiona sóbese a bordo da transformación dixital para ofrecer unha experiencia turística cultural e...

0
O Concello de Baiona vai adherirse ao proxecto Exploraterra, que nace co obxectivo de promover e preservar o patrimonio cultural das grandes expedicións marítimas...

Concello e Policía Local elaboan un mapa de puntos negros para detectar e intervir...

0
Inclúe un documento que analiza a violencia sexual e a seguridade con perspectiva de xénero, localiza os espazos e zonas pouco iluminadas ou inseguras...

O goberno provincial garante a continuidade do Plan para recuperar xacementos Galaico-Romanos e anuncia...

0
O Pleno sumouse de forma unánime á  declaración de pesar da presidenta tralo “duro golpe” polo falecemento da ex-alcaldesa de O Porriño Eva García...

O concello de Bueu recibe o informe de accesibilidade sobe a Banda do Río...

0
• O Concello implementará melloras co fin de que o barrio e todos os espazos públicos sexan accesibles para toda a cidadanía Silvia Carballo, concelleira...

A Deputación aproba 1,6 millóns do Plan Concellos 22-23 que beneficiarán a once municipios...

0
O Goberno aprobou as primeiras oito achegas da Liña 3 de Emprego, que permitirán contratar a 126 persoas nos concellos de Arbo, Catoira, A...

Publicacións Relacionadas