Home Deputacións Deputación Pontevedra Os novos retos da seguridade e dixitalización na xestión das estradas do...

Os novos retos da seguridade e dixitalización na xestión das estradas do século XXI centraron a xornada de peche do 25 congreso Vyodeal

- Anuncio -

Carmela Silva: “Haberá cuarto congreso Vyodeal en Pontevedra, porque imos seguir a transformar a provincia. O cambio de paradigma non se pode facer sen o mundo local”

César Mosquera: “Coñecer todo o ‘know how’ dispoñible é fundamental para as administracións para non desperdiciar recursos públicos”

Miguel Anxo Fernández Lores: “A nosa política municipal en materia de mobilidade é unha continuidade da medicina preventiva, posto que as cidades están enfermas”

Juan Francisco Lazcano: “Cubrimos todas as expectativas, sería unha honra que houbese unha cuarta edición do congreso en Pontevedra”

Cunha última xornada dedicada a abordar as antigas necesidades e os novos retos da seguridade e dixitalización na xestión das estradas do século XXI concluíu hoxe no Pazo Provincial o 25 Congreso Vyodeal, o Symposium Nacional de Vías e Obras da Administración Local, que ten servido, como destacou a presidenta provincial, Carmela Silva, para “amosar que o mundo local non só o está a facer, senón que ten proxectos para o corto, medio e longo prazo; convertémonos nos grandes innovadores e innovadoras”. A presidenta, xunto ao vicepresidente César Mosquera, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o presidente da Asociación Española de la Carretera, Juan Francisco Lazcano, clausurou o encontro, organizado pola Asociación en colaboración coa Deputación.

Carmela Silva subliñou a transcendencia da cita que ten reunido nestas dúas xornadas no Pazo Provincial á secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, así como a destacados representantes da Dirección Xeral de Tráfico, deputacións, cabidos e universidades. A presidenta recalcou que o simposio puxo de relevo as boas prácticas que se están a facer no eido da mobilidade sostible e amable “en todo o territorio, o que ten un gran valor”, e confirmoulle ao presidente da Asociación, Juan Francisco Lazcano, que “haberá cuarto congreso en Pontevedra, porque imos seguir a transformar a provincia e teremos moitas cousas máis que contar”. Neste senso, indicou que o simposio pon de novo de relevo o modelo da Deputación, “ algo estaremos a facer ben para que se nos tome como referencia”, e avogou por retomar tamén o congreso iberoamericano no que a institución provincial participara en Lima.

Carmela Silva insistiu en que o “cambio de paradigma” á hora de abordar ás infraestruturas públicas que teña en conta a perspectiva medioambiental, a conectividade, a posta das persoas no centro e a innovación “non se vai poder facer sen o mundo local”. “Porque todo ocorre no territorio onde as persoas vivimos e é necesario retomar un concepto vital, o de que o humanismo ten que ser o paraugas que cubra todas as nosas decisións-destacou-. E o mundo local ten moito que aportar, compartir, reflexionar, debater e reclamar. Ten que reclamar que o resto das administracións nos escoiten, teñan en conta todo o que sabemos, porque xestionamos no día a día das reclamacións que fai a cidadanía. Por iso son tan importantes estes congresos que nos permiten poñer en común o noso know how”.

Ao longo do Congreso abordáronse cuestións como a recuperación do espazo público, os retos de futuro na xestión de redes viarias ou a xestión de desastres naturais en estradas locais, en especial o caso do volcán da illa da Palma. A este respecto, Carmela Silva ofreceu a solidariedade e “todo o apoio que puidésemos dar” e destacou o feito que no congreso analizáranse non só as boas prácticas que se están a facer senón os retos de futuro “con propostas xa enriba da mesa” nas que tamén se integrou a perspectiva e mirada das mulleres.

Pola súa parte, o vicepresidente César Mosquera subliñou a importancia de xornadas como o Vyodeal como foros de intercambio de coñecemento para atopar solucións óptimas que aplicar nas estradas locais. Destacou que esta 25 edición foi “un éxito” e “un enriquecemento”, xa que achegou información dende moitos ámbitos. Segundo destacou, coñecer todo o ‘know how’ dispoñible “é fundamental –para as administracións – para non desperdiciar recursos públicos, para non crear conflitos ou solucionalos ben e avanzar na mellora e nas solucións máis eficientes e máis adaptadas ao momento actual e á sociedade do futuro, que está a cambiar a unha velocidade de vertixe”.

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, amosouse orgulloso de que a cidade fora elixida para acoller este encontro e fixo referencia ao traballo de recuperación do espazo público que se está a levar a cabo nela. Deste xeito, o rexedor definiu a política municipal en materia de mobilidade como “unha continuidade da medicina preventiva posto que as cidades están enfermas” e expuxo datos que avalan a eficiencia deste modelo para deixar claro que “se sabemos que reducir a velocidade implica que se salvan vidas e non o facemos, non estamos exercendo a nosa responsabilidade”. Neste senso, Lores lembrou que aínda que as decisións finais son políticas os proxectos tamén pasan polas e polos responsables técnicos, que son as e os encargados de elaboralos e executalos.

Juan Francisco Lazcano, presidente da Asociación Española de la Carretera, destacou que se cubriron “as expectativas postas”. “Temos falado da humanización das infraestruturas –contou-, un concepto amplo que vai da man da mellora da sostibilidade das vías provinciais desde a perspectiva medioambiental; do incremento dos niveis de seguridade viaria e dos desenvolvementos tecnolóxicos orientados a dixitalización das estradas. Coñecemos de primeira man a xestión derivada das situacións de emerxencia e tomamos boa conta das numerosas iniciativas e boas prácticas compartidas. Sería unha honra que houbese unha cuarta edición do congreso en Pontevedra”.

As ponencias finais
Na última xornada do congreso abordáronse en primeiro lugar “Os principios do Sistema Seguro adaptados á rede local”, cunha conferencia e unha mesa coloquio, que serviu para coñecer de primeira man como os conceptos do Sistema Seguro presentan plena validez para a súa aplicación ás redes provinciais. En concreto, o fan ao incorporar o principio de uso seguro á toma de decisións (mellorando a sinalización horizontal, ao reducir carrís con rotondas ou outros elementos en entradas e poboacións) e ao superar a errónea idea de simplificar só vía velocidade segura.

A última sesión, baixo o título de “A necesaria adaptación dixital das redes locais: MRR”, puxo o foco sobre o gran reto da xestión das estradas do século XXI, e presentáronse os pasos a seguir nesa dirección cara a chegar a un escenario de dixitalización real tanto dos procesos das administracións, como dos servizos e mercados que é posible aportar á cidadanía. Tamén se puxo de manifesto que non hai mellor modo de chegar con servizos dixitais a todos os extremos do territorio que a través das estradas e as súas múltiples formas de aportar valor coas súas infraestruturas anexas.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas