Home Deputacións Deputación Ourense Os “Trens Turísticos de Galicia” preséntanse en Fitur como reclamo turístico a...

Os “Trens Turísticos de Galicia” preséntanse en Fitur como reclamo turístico a través dos roteiros dos viños do Ribeiro, Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras

- Anuncio -

O presidente do Inorde e deputado de Turismo, Rosendo Fernández, participou hoxe na presentación da nova campaña desta iniciativa posta en marcha no ano 2013 polo Inorde, Renfe e Turismo de Galicia, que nesta edición recupera as roteiro de “Ribeira Sacra Sil” e “Valdeorras e Ribeira Sacra”

Rosendo Fernández destacou o éxito que cultiva ano tras ano esta proposta turística que “permite aos viaxeiros coñecer a provincia desde a perspectiva que ofrece o tren, percorrendo enclaves naturais, enogastronómicos, patrimoniais e culturais de referencia e sempre acompañados durante todo o traxecto por un guía especializado”

Os “Trens Turísticos de Galicia” presentáronse hoxe na Feira Internacional de Turismo en Madrid como unha oferta sostible para coñecer a provincia de Ourense a través dos roteiros dos viños das Denominacións de Orixe. O presidente do Inorde e deputado provincial de Turismo, Rosendo Fernández, participou hoxe na caseta de Galicia en IFEMA, na presentación da undécima edición desta iniciativa posta en marcha no ano 2013 polo Inorde, RENFE e Turismo de Galicia.

Na súa intervención, Rosendo Fernández fixo un repaso polos lugares ourensáns que poderán descubrir os viaxeiros a través destes roteiros. Destacou o éxito que cultiva ano tras ano esta proposta turística que “permite aos usuarios coñecer a provincia desde a perspectiva que ofrece o tren, percorrendo enclaves naturais, enogastronómicos, patrimoniais e culturais de referencia e sempre acompañados durante todo o traxecto por un guía especializado”.

Ourense volverá, un ano máis, “a ter un peso importante nesta iniciativa ao pasar 5 dos 13 roteiros ofertadas pola nosa provincia”, sinalou Rosendo Fernández. Esta edición como novidade “recuperamos o roteiro da Ribeira Sacra e de Valdeorras, que non se puido levar a cabo por obras neste trazado do ferrocarril. Unha oportunidade única para coñecer de primeira man os que moitos consideran os mellores viños do mundo”, anunciou Rosendo Fernández.

Estes roteiros enriqueceranse con visitas a adegas, a lugares de gran interese patrimonial como o Mosteiro de San Pedro de Rocas, o Santuario das Ermidas, o Castro de San Cibrao das ou o Castillo de Monterrei. Tamén están incluídas as visitas aos Museos das Estacións de Tren do Inorde que mostran gran parte da historia, cultura e etnografía ourensá e mesmo, nalgunha deses roteiros viaxarán tamén en catamarán.

E consolídanse iniciativas como as visitas teatralizadas na aula-Museo do ferrocarril en Vos Peares e na fortaleza de Monterrei; ou as visitas singulares ao “ecoespacio do Rexo” en Allariz e á Colexiata de Xunqueira de Ambía, un dos grandes referentes patrimoniais que nos atopamos na Vía da Prata, antes de regresar a tomar o tren na estación histórica de Baños de Molgas.

“Todo iso para continuar innovando e facendo máis atractiva a oferta que tan orgullosos fainos sentir. Por tanto, só me queda animarlles a subirse ao tren e deixarse marabillar por un lugar auténtico como é Ourense”, proclamou Rosendo Fernández.

Nesta nova edición ofértanse un total de 13 roteiros con temáticas diferentes para coñecer Galicia e un total de 33 saídas, mantendo o prezo por usuario de 45 euros para adultos e de 20 euros para nenos de entre 3 e 13 anos, cunha rebaixa do 15% para os grupos de 10 ou máis adultos.

Relacionadas

A Deputación aproba achegas por valor 180.000 euros para que Arbo e A Lama...

0
Recibirán arredor de 90.000 euros cada un, A Lama para financiar as obras de mellora dos vestiarios do pavillón municipal, e Arbo para poder...

A Deputación aluga por 40.000 euros anuais unha nova parcela do polígono de Barro,...

0
Bespi Inversiones ocupará un espazo próximo aos 7.000 m2 e, con ela son xa 27 as empresas presentes no polígono industrial A Xunta de Goberno...

A Deputación avanza na posta en marcha dunha nova plataforma turística para divulgar os...

0
O proxecto Smartguide ten un orzamento de 300.000 euros e enmárcase dentro do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Deza Tabeirós-Terra de Montes. “Trátase dun...

A Deputación entrega o vindeiro xoves 30 de xaneiro no auditorio da Sede Afundación...

0
O presidente provincial Luis López anuncia que preto dunha quincena de candidatas optan aos tres galardóns cos que a institución e CIMA recoñecen o...

Luis López anuncia que a Deputación aproba os primeiros 1,7 millóns de euros ao...

0
Os novos recursos permitirán que Arbo, Forcarei, A Illa de Arousa, Moraña, As Neves, Oia, Pontecesures, Portas, Rodeiro, Salvaterra de Miño, Sanxenxo e Vilaboa...

O xeodestino “Terras de Celanova-Serra do Xurés” lanza en Fitur a súa proposta turística...

0
Ofrece 15 variados carreiros baixo o nome de “A guía dás mouras”, cun roteiro de sendeirismo por cada un dos municipios que integran o...

Publicacións Relacionadas