Home Deputacións Deputación Ourense Ourense acollerá a xornada de peche do proxecto “Keep On” que promove...

Ourense acollerá a xornada de peche do proxecto “Keep On” que promove melloras nas políticas de cooperación no ámbito do patrimonio cultural

- Anuncio -

O Inorde organiza, como xefe de fila, este evento que permitirá aos socios procedentes de Polonia, Grecia, Países Baixos, Portugal, Italia e Croacia, compartir as actuacións levadas a cabo nos territorios participantes e os principais resultados obtidos durante a súa vixencia

Keep On é unha iniciativa enmarcada no Programa Interreg Europe financiado con fondos FEDER

Esta xornada final, que terá lugar o vindeiro 9 de febreiro na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo- Campus de Ourense-, comezará o día previo cunha visita a Vilanova dos Infantes, xa que o Raigame é un exemplo de Boas Prácticas de xestión do patrimonio cultural na nosa provincia contemplada no proxecto

O Inorde organiza o evento de peche do proxecto europeo “Keep On” -como entidade líder do mesmo- no que se darán cita representantes dos territorios que son socios do mesmo, para compartir experiencias e coñecemento no ámbito do patrimonio cultural co fin último de extraer conclusións que permitan avanzar na mellora das políticas e instrumentos de cooperación neste eido. Tamén serán parte fundamental desta xornada os actores locais e xestores do patrimonio cultural das diferentes rexións que integran o proxecto.

Esta xornada final, que terá lugar o vindeiro 9 de febreiro na Aula Magna José Ángel Valente da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, comezará o día previo cunha visita dos socios e das partes interesadas a Vilanova dos Infantes, por ser o Festival Raigame- que se celebra nesta localidade celanovesa un exemplo de Boas Prácticas de xestión do patrimonio cultural na nosa provincia e, posteriormente celebrarase unha reunión do comité directivo do “Keep On” no Inorde.

Ao día seguinte, na Facultade, o programa inclúe o análise da situación actual do proxecto na que os representantes dos territorios asociados compartirán os principais resultados obtidos nos cinco anos de actividade, e nos que se inclúe a proxección do vídeo de Boas Prácticas elaborado no marco do mesmo.

Os socios do proxecto europeo “Keep On” son: o Inorde (xefe de fila) a Rexión de Świętokrzyskie (Polonia), o municipio de Paggaio (Grecia), o municipio de ‘s-Hertogenbosch (Países Baixos), ADRAT – Asociación de Desenvolvemento da Rexión do Alto Tâmega (Portugal), a LAMORO – Axencia de Desenvolvemento de Langhe Monferrato e Roero (Italia), e o IRMO – Instituto de Desenvolvemento e Relacións Internacionais (Croacia).

Pola tarde, retomarase a programación coa presentación dos Plans de Acción dos socios do proxecto “Keep On” para expoñer os retos e solucións que se propoñen para a sustentabilidade do patrimonio cultural europeo e tras eles, desenvolverase un debate e as conclusións da xornada.

Os interesados en asistir a esta xornada poderán inscribirse ata o 6 de febreiro a través do enlace dispoñible na páxina: www.inorde.com.

Keep On

Este proxecto finalizará o vindeiro 9 de febreiro na nosa cidade cunha xornada que permitirá aos socios e ás partes interesadas debater sobre esta cuestión desde as diferentes perspectivas que ten cada un e poder así valorar a idoneidade de presentar proxectos considerados sostibles ás vindeiras convocatorias do período de programación 2022-2027.

O proxecto europeo Keep On, do Programa Interreg Europe financiado con fondos FEDER, ten como obxectivo promover a melloría das políticas e instrumentos de cooperación no sector do patrimonio cultural, para conseguir presentar proxectos de alta calidade con resultados sostibles e impactos duradeiros no desenvolvemento rexional.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas