HomeDeputaciónsDeputación OurenseOurense prepárase para o Hackathon de Turismo Policéntrico Intelixente que asumirá 5...

Ourense prepárase para o Hackathon de Turismo Policéntrico Intelixente que asumirá 5 retos para repensar e profundar no turismo sostible provincial

- Anuncio -spot_img

A Deputación de Ourense, en colaboración con Area101, está a levar a cabo esta iniciativa de innovación colaborativa que comezou o 13 de outubro e finaliza este 25 de outubro, cando se celebrará a xornada presencial e a entrega de premios

A Facultade de Dereito do Campus de Ourense da UVigo, albergará o sábado a entrega de premios do Hackathon organizado pola Deputación no ámbito do proxecto europeo POST (Polycentric Sustainable Tourism), cofinanciado polo programa Espazo Atlántico 2021-2027

A Deputación de Ourense, en colaboración con Area101, está a levar a cabo o Hackathon de Turismo Policéntrico Intelixente, unha iniciativa de innovación colaborativa que comezou o 13 de outubro e finaliza este 25 de outubro na Facultade de Dereito do Campus de Ourense, cando se celebrará a xornada presencial e a entrega de premios, no marco do proxecto europeo POST (Polycentric Sustainable Tourism), cofinanciado polo programa Espazo Atlántico 2021-2027.

Durante este evento, equipos multidisciplinares traballaron nas solucións a cinco grandes retos relacionados coa sustentabilidade e o turismo intelixente na provincia de Ourense como laboratorio. Cada reto tiña como obxectivo mellorar a distribución do turismo en Ourense e ofrecer unha experiencia máis inclusiva, sostible e accesible.

Os cinco retos nos que traballaron estas semanas son:

Roteiros Intelixentes e Multiexperiencia: Como podemos deseñar roteiros que integren historia, natureza e tecnoloxía para ofrecer experiencias turísticas máis inmersivas, accesibles e sostibles?; Gamificación Cultural e Rural: Como podemos xerar experiencias interactivas que conviden a explorar e coidar o territorio?; Mobilidade Verde e Accesible: Como podemos repensar a mobilidade turística para que desprazarse polo territorio sexa unha experiencia sostible e accesible para todos?; Resiliencia fronte ao Cambio Climático e Recuperación da Paisaxe: Como podemos implicar a visitantes e persoas locais para coidar e recuperar as paisaxes afectadas por incendios e fenómenos climáticos?; e Pasaportes Territoriais e Recompensas: Como podemos motivar ás persoas para descubrir distintos lugares do territorio para fomentar unha exploración máis equilibrada, consciente e sostible?

A xornada presencial do 25 de outubro, onde se presentarán as solucións finais, centrarase na creación de prototipos e feedback continuo. Os equipos, co apoio de mentores expertos, perfeccionarán as súas solucións e presentaranas nun pitching ante un xurado especializado. Esta xornada será unha plataforma crave para xerar solucións sostibles, escalables e adaptadas ao territorio.

O deputado de Innovación, Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e A2030, Jorge Pumar Tesouro, que seguiu as dinámicas de traballo dos equipos, aproveitou a última sesión virtual previa ao evento final, para felicitar a emprendedores, desenroladores, deseñadores e investigadores participantes. “Todos eles enfrontáronse a cinco grandes desafíos que definen a encrucillada do turismo moderno. E fixémolo en Ourense, porque a nosa provincia, coa súa riqueza termal, o seu rural, a súa historia e os seus contrastes xeográficos, é o escenario perfecto para buscar solucións que sexan replicables en calquera lugar”.

Pumar recalcou que os participantes non só presentaron solucións a problemas reais, como a onda de incendios sufrida este verán, deseñando tamén a folla de ruta “para unha provincia que quere ser líder na integración de tecnoloxía e sustentabilidade, transcendendo máis aló do Hackathon”.

Publicacións Relacionadas