Home Deputacións Deputación Ourense Ourense será o eixo da economía social en 2022 coa celebración do...

Ourense será o eixo da economía social en 2022 coa celebración do 25 aniversario da Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego

- Anuncio -

“Un magnífico exemplo de colaboración público-privada nun eido que ten un gran peso na filosofía de traballo deste goberno provincial, que ademais de defender unha visión integral de provincia ten, obrigatoriamente, unha visión social do territorio”, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar, durante a presentación no Pazo Provincial do programa de actividades

O presidente da asociación, José Antonio Vázquez explicou o protagonismo de Ourense polo apoio que atoparon na Deputación “como institución que máis contratos reservados realiza en Galicia, para promover a inserción laboral de persoas con discapacidade”

Ourense protagonizará en 2022 os actos de celebración do 25 aniversario da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal), converténdose no eixo da economía social en Galicia “nun magnífico exemplo de colaboración público-privada nun eido que ten un gran peso na filosofía de traballo deste goberno provincial, que ademais de defender unha visión integral de provincia ten, obrigatoriamente, unha visión social do territorio”, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar, durante a presentación no Pazo Provincial do programa de actividades. Un acto no que estivo acompañado polos presidentes de Cegasal, José Antonio Vázquez Freire; da Confederación Empresarial de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites; e do Foro pola Economía Social Galega, Celso Gándara.

Manuel Baltar agradeceu a elección de Ourense para a celebración de cinco das dez actividades programadas por Cegasal, “organización líder en emprego de discapacitados e referencia en Galicia e a nivel nacional, nun aniversario que é o primeiro de mil pasos máis”. Unha sede, dixo referíndose ao AVE, “na que seguro que terá o seu peso o feito de que sexamos hoxe a cidade e a provincia mellor conectada de Galicia”.

O presidente provincial encomiou á asociación “por unha traxectoria marcada polos éxitos e a súa implicación na sociedade”. Un compromiso social e unha aposta de futuro pola diversidade e polo emprego “que fainos sentir orgullo desde esta Deputación, que ten os brazos abertos para calquera outra iniciativa que se nos presente, como provincia cunha vocación social absolutamente definida e que contribuirá a esa empregabilidade coa captación de investimentos en sectores claves para nós como o social, medioambiental, termalismo ou innovación e tecnoloxía”.

José Antonio Vázquez explicou o protagonismo de Ourense no 25 aniversario de Cegasal polo apoio que atoparon na Deputación “como institución que máis contratos reservados realiza en Galicia -para promover a inserción laboral de persoas con discapacidade-, unha das loitas que temos nas administracións locais e provinciais”.

Vázquez Freire indicou tamén que a provincia participará nos dous grandes retos que vai ter a asociación para os próximos dous anos: “promover a formación e capacitación das mulleres que viven no rural, territorio no que Ourense é referente, e das persoas con trastornos mentais (6.000 na provincia); dous colectivos que máis dificultades atopan á hora de acceder ao mercado laboral”.

Juan Manuel Vieites, que destacou a ourensanía “como apoio permanente da Deputación ás súas iniciativas”, referendou a colaboración total da CEG con Cegasal “por un labor pioneiro na promoción de empresas de economía social e de fomento do emprego para as persoas con discapacidade, unha materia pendente do mundo empresarial a nivel global”, dixo, polo que “non podemos máis que valorar o encomiable traballo que realizan desde os centros de iniciativa social pola súa capacidade de xerar emprego inclusivo”.

O cooperativismo é unha das “familias” da economía social, “e Ourense ten parte do seu espírito neste ámbito” destacou pola súa banda Celso Gándara ao falar do protagonismo da provincia no 25 aniversario de Cegasal. Unha economía social que ten como principais valores a cohesión social, “en tanto que pon en valor as capacidades das persoas e non as discapacidades”, e a cohesión territorial “pois máis do 90 % dos centros especiais de emprego están en áreas semiurbanas ou no rural”.

Programa de actividades en 2022

Ao longo de 2022, sen datas aínda definitivas como consecuencia da evolución da pandemia, Ourense acollerá cinco das dez actividades programadas por Cegasal para celebrar o seu 25 aniversario. Entre elas figura unha exposición do fotógrafo coruñés Diego Silva que retrata o día a día dos centros especiais; a gala de entrega de premios que outorga esta asociación a administracións, representantes políticos, empresas ou medios de comunicación que destacaron pola súa implicación neste eido; a reunión da xunta directiva da Federación Empresarial Española de Asociacións de Centros Especiais de Emprego, incluíndo unha visita aos dous socios ourensáns, Aixiña e Aspadamis; a xunta directiva e o comité executivo de Cegasal dentro da xornada organizada polo Foro pola Economía Social Galega; e a asemblea ordinaria da asociación.

Cegasal representa o 99 % dos centros de iniciativa social de Galicia. Na actualidade conta con 32 centros especiais de emprego -dous máis en lista de espera para a súa integración- con 1.842 persoas traballando con contratos fixos, dos que o 96 % teñen algunha discapacidade, cunha facturación conxunta de 75 millóns de euros anuais.

Relacionadas

“Orixe Rías Baixas” conquista nuevos misterios

0
A campaña turística da Deputación de Pontevedra, protagonista na Estación de Metro madrileña vestíndoa coas súas tradicións e o seu patrimonio inmaterial inigualable Carmela Silva,...

O programa SmartPeme da Deputación oferta esta semana cinco novas accións formativas

0
Os obradoiros centraranse en ciberseguridade, mulleres emprendedoras, SEO, emisións en liña e márketing dixital A Deputación de Pontevedra, a través do seu programa de asesoramento...

A Deputación abre este luns o prazo para inscribirse na terceira das rutas ornitolóxicas...

0
A camiñada guiada para observar aves desenvolverase de xeito gratuíto o 9 de abril nas ribeiras do río Umia, percorrendo os concellos de Cambados...

A Deputación colaborará co Concello de Beariz no impulso ao parque empresarial e a...

0
O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde de Beariz, Manuel Prado Manuel Baltar comprometeu a colaboración coas iniciativas...

Carmela Silva, investida hoxe en Madrid nova confrade da Enxebre Orde da Vieira

0
A presidenta provincial, apadriñada polo ex ministro de Xustiza Francisco Caamaño, nomeada xunto a outras nove persoas, destacadas pola súa vinculación e “amor por...

Fin de festa con Aldearmos

0
Remata Aldearmos coa sensación do traballo ben feito e cun último evento onde se achegaron persoas de todas as idades a gozar da música...

Publicacións Relacionadas