HomeDeputaciónsDeputación OurenseOurense volverá a converterse no lugar de encontro para centros formativos, alumnado...

Ourense volverá a converterse no lugar de encontro para centros formativos, alumnado e familias coa II Feira “Educa Ourense”

- Anuncio -spot_img

Un proxecto que nace da colaboración entre a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e Expourense e que este ano reunirá, do 25 a 26 de marzo, a un total de 55 expositores para presentar a súa oferta formativa e profesional e facilitar unha axeitada elección na toma de decisións sobre o futuro profesional do alumnado

Este segunda feira permitirá “orientar ao alumnado nas diferentes opcións que teñen para continuar coa súa vida académica” e será tamén unha “boa ocasión” para poñer en común os diferentes proxectos nos que traballan os centros educativos neste momento”, salientou César Fernández

A Deputación de Ourense, en colaboración coa Xunta de Galicia e Expourense, impulsan a segunda edición da Feira “Educa Ourense. Espazo de Innovación e Colaboración Educativa” que se celebrará neste recinto feiral os días 25 e 26 de marzo. Nesta ocasión participarán 55 expositores que presentarán a súa oferta formativa e profesional para facilitar unha axeitada elección na toma de decisións sobre o futuro profesional do alumnado.

O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou hoxe na presentación desta nova edición onde destacou a importancia da “cooperación institucional” como “alianza estratéxica” que permite materializar  iniciativas tan importantes como esta. Este segunda feira permitirá “orientar ao alumnado nas diferentes opcións que teñen para continuar coa súa vida académica” e será tamén unha “boa ocasión” para poñer en común os diferentes proxectos nos que traballan os centros educativos neste momento”, salientou César Fernández.

Así mesmo, comprometeu o apoio da Deputación a este tipo de proxectos que permiten “presentar esa oferta educativa á cidadanía, servir de espazo para crear unha rede colaborativa entre todos os axentes implicados na educación, así como demostrar a gran calidade que ten o sistema educativo galego”, engadiu o vicepresidente segundo do goberno provincial.

A II Feira “Educa Ourense” celebrarase os días 25 e 26 de marzo

Tralo éxito da primeira edición celebrada en 2025, ponse en marcha unha nova feira, con maior espazo de exposición e número de participantes que contribúe ademais a dar a coñecer a excelencia do sistema educativo galego e do seu equipo docente.

Durante a súa celebración, Expourense converterase nun lugar de diálogo e conexión onde se compartirán experiencias reais, boas prácticas e proxectos que reflicten unha educación viva, innovadora e comprometida co territorio.

Por outro lado, a feira tamén quere dar visibilidade aos proxectos innovadores desenvolvidos nos centros da provincia de Ourense, poñendo en valor iniciativas que reflicten unha educación inclusiva, creativa e adaptada aos retos do século XXI.

A Deputación participará tamén a través da súa Escola de Danzas, da Escola de Gaitas, do Obradoiro de Instrumentos e da Escola de Artes e Oficios, con obradoiros de baile tradicional, teares, xogos populares, clases de gaitas, pandeireta, canto, percusión, ou demostracións de construción de instrumentos como a pandeireta ou o torno, entre outras actividades.

O horario de feira será desde o mércores, 25 de marzo, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas, e o xoves, 26 de marzo, de 10.00 a 14.00 horas. A entrada é gratuíta.

Publicacións Relacionadas