Segundo as estatísticas de asistencia elaboradas polo Servizo de Deportes da Deputación, un 10% das persoas que desfrutaron de Pazolandia procedían de fóra de Ourense, concretamente das 3 provincias galegas
O presidente provincial, Luis Menor, reafirma que “Pazolandia é unha das actividades pola que máis orgullosos nos sentimos na Deputación, dado o altísimo grado de satisfacción das familias”, lembrando que desde a institución provincial estase xa a traballar para avanzar na vindeira edición, “onde seguiremos a reforzar a inclusión de todos os nenos e nenas”
Pazolandia pechou as súas portas cun balance altamente satisfactoriao, concretamente con preto de 26.000 usuarios que se achegaron ao Pazo Paco Paz para desfrutar do parque de atraccións familiares máis importante do Nadal e Galicia. En total, foron 25.839 as persoas que accederon ás instalacións (500 máis que na anterior edición) , constatando o Servizo de Deportes da Deputación que o 10% destes usuarios totais procedían de fóra de Ourense, concretamente das 3 provincias galegas restantes.
Tamén destaca o incremento da venda online de entradas, alcanzándose este ano a cifra de 15.470 billetes vendidos fronte aos 14.349 despachados na pasada edición. Cabe lembrar que o prezo das entradas continuou fixado nos 5 euros por persoa, sendo de 4 euros para aqueles grupos organizados desde os concellos da provincia.
Nas enquisas elaboradas durante Pazolandia, o Servizo de Deportes tamén corroborou o alto grao de satisfacción das familias usuarias, dado que o concepto deste parque de atraccións abrangue actividades para cativos desde os 12 meses, con instalacións adaptadas a cada idade. Este ano, ademais, una das grandes novidades estivo centrada na inclusión de nenos e nenas con trastornos do espectro autista, TEA, aos que se lles ofreceu unha pulseira de acceso prioritario co fin de que non tivesen que agardar demasiado tempo nas colas. Outra gran novidade foi o establecemento, por primeira vez, da restrición de emisións acústicas, protexendo os dereitos de persoas con dificultades para desfrutar dun evento deste tipo. Ademais, habilitouse unha unha zona de calma, integrada por unha habitación de descanso e relaxación, onde as persoas con dificultades sensoriais podan relaxarse en momentos de sobrecarga.
Dado que as cifras de Pazolandia medran en cada edición, así como os seus servizos, o presidente provincial, Luis Menor, reafirma que esta actividade “é unha pola que que máis orgullosos nos sentimos na Deputación, dado o altísimo grao de satisfacción das familias”, lembrando que desde a institución provincial estase xa a traballar na vindeira edición “onde seguiremos a reforzar a inclusión de todos os nenos e nenas”. Ademais, Menor quixo facer un agradecemento especial a todo o persoal do Pazo Paco Paz, “porque sen a súa dedicación, profesionalidade e implicación con esta actividade, o éxito de Pazolandia non sería posible”.
Actividades
Os máis de 8.000 metros de actividades que ofreceu esta edición de Pazolandia estiveron repartidos en dous pavillóns interiores e no exterior, onde estiveron as atraccións máis grandes e para os máis mozos, así como diversos postos de restauración e probas de habilidade. Como novidade exterior, Pazolandia contou coa atracción “Martillo Kamikace”, un péndulo de dobre eixo con xiros de 360 grados.
No pavillón auxiliar situáronse as atraccións para os máis cativos, o tren para toda a familia, inchables e carruseis. Tamén alí se atopaba a zona de ludoteca con parque de bolas e o espazo do xoguete, coas últimas tendencias para os máis pequenos. Na planta baixa, ou pavillón principal, estiveron os tirachinas, a montaña rusa tigre ou o circuíto de motos. Como gran novidade este ano, tamén estivo dispoñible una pista de patinaxe sobre xeo. Por último, na primeira planta houbo obradoiros de maquillaxe, tatuaxe, globoflexia e unha zona dedicada ás últimas novidades en videoxogos, incluíndo simuladores de condución.