Home Deputacións Deputación Ourense Pazolandia consolídase como o gran parque de atraccións de Nadal con máis...

Pazolandia consolídase como o gran parque de atraccións de Nadal con máis de 3.000 visitantes no primeiro día

- Anuncio -

As familias volven apostar polo programa de ocio da Deputación de Ourense, un clásico destas datas festivas que ademais mantén os prezos do ano pasado

Establécese por primeira vez a restrición de emisións acústicas, protexendo así os dereitos daquelas persoas que teñen dificultades para desfrutar dun evento destas características

Pazolandia, o parque de atraccións máis grande de Galicia e un dos clásicos do Nadal ourensán, abriu hoxe as súas portas con máis de 3.000 visitantes. A actividade rexistrada na plataforma online de reserva e nos propios despachos de entradas consolida o éxito deste parque, instalado no Pazo dos Deportes Paco Paz, no que cada ano se divirten miles de nenos da provincia e do resto de Galicia. Durante a mañá, tamén se observaron colas para acceder ao recinto de máis de 8.000 metros de xogos.

Así, as reservas feitas ata este momento confirman a magnífica resposta das familias, que apostan por esta alternativa de ocio durante as datas festivas e que, ademais, mantén os prezos do ano pasado: 5 euros por persoa para as entradas xerais e 4 euros por persoa para quen integren os grupos promovidos polos concellos e asociacións da provincia.

Ata o 4 de xaneiro, Pazolandia habilitará dúas quendas diarias: de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas. Só permanecerá pechado o día 31 de decembro e o 1 de xaneiro na sesión de mañá.

A gran novidade deste ano será o carácter inclusivo de Pazolandia. Así, establecerase restrición de emisións acústicas, protexendo así os dereitos daquelas persoas que teñen dificultades para desfrutar dun evento destas características.

A segunda gran novidade en materia de accesibilidade será unha pulseira de acceso prioritario para persoas con trastornos do espectro autista, TEA, co fin de que non teñan que agardar demasiado tempo nas colas para atraccións e obradoiros.

Ademais, Pazolandia disporá durante todas as súas sesións dunha “zona de calma”, integrada por unha habitación de descanso e relaxación, onde as persoas con dificultades sensoriais podan relaxarse en momentos de sobrecarga.

Máis de 8.000 metros de diversión

Os máis de 8.000 metros de actividades que ofrecerá Pazolandia estarán repartidos en dous pavillóns interiores e no exterior. Como novidade exterior, Pazolandia contará coa atracción “Martillo Kamikace”, un péndulo de dobre eixo con xiros de 360 grados.

No pavillón auxiliar situaranse as atraccións para os máis cativos, o tren para toda a familia, inchables e carruseis. Tamén estará a zona de ludoteca con parque de bolas e o espazo do xoguete.

Na planta baixa, estarán os tirachinas, a montaña rusa tigre ou o circuíto de motos. Como gran novidade este ano, tamén contemplará una pista de patinaxe artificial.

Por último, na primeira planta haberá obradoiros de maquillaxe, tatuaxe, tatuaxe, globoflexia e unha zona dedicada ás últimas novidades en videoxogos, incluíndo simuladores de condución.

Relacionadas

O Concello aproba o expediente para contratar o servizo de recollida de residuos e...

0
O contrato será por 10 anos, cun orzamento anual de 15.995.000 euros Con esta licitación, o goberno municipal pretende “manter e mellorar a calidade dun...

A Deputación avanza na dixitalización do ciclo da auga coa instalación de 2.000 contadores...

0
O proxecto OU-intelixente prevé a colocación de máis de 65.000 contadores en 81 concellos, dotando ás entidades locais de ferramentas tecnolóxicas para mellorar a...

As dependencias administrativas do Concello estarán pechadas o día 31 e o Rexistro Xeral...

0
Asdependenciasadministrativasdo Concello de Ourense estarán pechadas o martes, 31 de decembro, en virtude do disposto no acordo regulador das condicións de traballo para o...

Un recurso da concesionaria obriga a atrasar a supresión da ORA

0
A empresa concesionaria dos servizos de control de aparcamento e retirada de vehículos na cidade impugnou o acordo do Concello de Ourense que suspendía...

A Xunta de Goberno Local aprobou 13 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 13 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar este mediodía no...

A Xunta fomenta o consumo responsable entre a rapazada de Beade co gallo do...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe na localidade ourensá de Beade unha das accións da Escola Galega de Consumo...

Publicacións Relacionadas