Home Baixo Miño A Guarda Preto de 130 persoas desfrutarán desde este domingo do programa de termalismo...

Preto de 130 persoas desfrutarán desde este domingo do programa de termalismo da Deputación

- Anuncio -

O grupo, integrado por veciños de Baiona, Cambados, Cangas, Catoira, Gondomar, A Guarda, A Lama, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Tui e Vigo, desfrutará da modalidade de pernoita de “Depotermal” en hoteis de Sanxenxo

Preto de 130 persoas maiores de 50 anos gozarán entre este domingo día 26 de novembro e o venres 1 de decembro do programa “Depotermal” da Deputación de Pontevedra, con estadías en complexos hoteleiros de Sanxenxo. Durante a súa estancia poderán desfrutar de actividades de animación sociocultural e de tratamentos gratuítos como sesións monitorizadas de activación muscular e articular, sauna, piscina terapéutica, aplicación de barros quentes e ducha circular, entre outros.

No Hotel Carlos I Silgar de Sanxenxo aloxaranse preto de 80 persoas dos concellos da Baiona, Cambados, Cangas, Catoira, A Lama, Gondomar, A Guarda, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Tui e Vigo. Pola súa banda, o Gran Talaso de Sanxenxo acollerá a un grupo de 50 persoas de Cangas, Catoira, Pontevedra e Vigo.

O programa de termalismo e saúde da Deputación de Pontevedra, dirixido ás persoas maiores de 50 anos, xubiladas, pensionistas, persoas cun recoñecemento do grao de diversidade igual ou superior ao 65% ou que teñan acreditado un respiro familiar, ten como finalidade facilitarlles aos veciños da provincia o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento activo en establecementos hostaleiros. Ademais, ao mesmo tempo, pretende ser un programa dinamizador da economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade ao desestacionalizar a demanda.

“Depotermal” conta con dúas modalidades: unha diúrna, mediante a que as persoas beneficiarias asisten aos establecementos termais durante cinco días consecutivos, e outra con pernoita, a través da que se ofrece unha estancia de seis días e cinco noites. En total, son 2.447 as persoas beneficiarias, das que 664 aproveitarán a asistencia diúrna e 1.783 persoas a asistencia con aloxamento.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 34.000 euros ao Concello do Rosal para a adquisición...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíron xa máis de 1,7 millóns de euros entre 28 concellos da provincia de...

A Deputación aproba máis de 30.000 euros para que o Concello da Lama mellore...

0
Estes recursos enmárcanse no Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que xa mobilizou máis de 1,7 millóns de euros entre 28 concellos da provincia de...

A Deputación celebra o Día do Libro cun contacontos e diversas propostas dixitais para...

0
O ilustrador Marc Taeger e o contador de contos Caxoto serán os encargados da actividade que se celebrará o vindeiro martes 23 de abril,...

A terceira edición da Feira do Libro de Soutomaior chega pisando forte con 3...

0
Este ano, por primeira vez, esta cita tamén se vaia a celebrar na parroquia de Soutomaior. Deste xeito o 23 de abril centrará o...

A Biblioteca Municipal de Mos María Magdalena inaugúrase cunha ampla representación da gran familia...

0
O novo conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, José López Campos, asistiu ao que foi un acto tremendamente emotivo e familiar A Biblioteca Municipal...

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Publicacións Relacionadas