Home Deputacións Deputación Ourense Preto de 400 cicloturistas percorren a Baixa Limia na “Ourense Strade Termal”

Preto de 400 cicloturistas percorren a Baixa Limia na “Ourense Strade Termal”

- Anuncio -

O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou hoxe no Balneario Caldaria de Lobios, no corte de cinta que daba a saída a este evento deportivo que conta co apoio da Deputación de Ourense a través do Inorde e da Axencia de Turismo de Galicia

Preto de 400 cicloturistas percorreron hoxe lugares emblemáticos da Baixa Limia na “Ourense Strade Termal” que levou aos deportistas polos concellos de Muíños, Lobios e cruzaron ata a Cámara Municipal de Montalegre, un ano máis, outorgándolle ese carácter internacional a esta proba.

O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou hoxe, xunto a outras autoridades, no Balneario Caldaria de Lobios, no corte de cinta que daba a saída á sétima edición deste evento deportivo que conta co apoio da Deputación de Ourense a través do Inorde e da Axencia de Turismo de Galicia.

Nesta ocasión, foron preto de 400 deportistas procedentes de 19 provincias diferentes, os que puideron gozar do “sterrato” nesta proba única na provincia de Ourense que logrou que a oferta de aloxamento do Xurés estivera ao 100% de ocupación.

Trátase da primeira proba que se realiza este ano na provincia de Ourense a través do convenio de colaboración entre o Inorde e a Axencia de Turismo de Galicia que ten como obxectivo a dinamización turística da provincia. A “Ourense Strade Termal” pretende tamén promover a especialización da provincia de Ourense como destino cicloturista cos seus 2.000 quilómetros de estradas pouco transitadas e, polo tanto, máis seguras.

A competición, que está dentro do Calendario Nacional da Real Federación Española de Ciclismo, ofreceu aos participantes dous percorridos: o gran fondo de 110 quilómetros e cun desnivel de 1.800 metros, e un mini fondo de 80 quilómetros con 1.200 metros de desnivel acumulado, dúas distancias con tramos de terra compactada.

Os gañadores do tramo cronometrado de sterratodesta edición foron de primeiro a terceiro lugar na categoría masculina: Jacobo Ucha Rodríguez, Ángel Esmorís Felípez do Club AD Jarnachas, e Ubaldino Rodríguez de Oliveira do Club Máster Poio; e na categoría feminina: Elba Vázquez Rodríguez do C.C. Antelano, Rosa Marques de Academia de Ciclismo Alto Minho, e Patricia Rodríguez Rodríguez de As Pontes Trevinca.

Relacionadas

A Xunta incide na fidelización e dinamización do comercio local coa súa participación na...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración desta xornada celebrada nos xardíns Padre Feijoo de Ourense polo Centro Comercial...

Luis Menor, na Feira do Viño do Ribeiro, cualifica aos viños desta denominación de...

0
Na 61 edición desta cita, o presidente da Deputación afirmou que a feira permite “seguir conservando a tradición vitivinícola da comarca, defender a súa...

Luis Menor aplaude as iniciativas privadas de mobilidade con selo ourensán que promoven un...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu esta mañá no Hotel OCA de Allariz, á saída da ruta de presentación de vehículos...

O Concello traslada a unha carpa e aos soportais da Praza Maior as actividades...

0
O Concello de Ourense trasladará a unha carpa e aos soportais da Praza Maior a programación de actividades organizadas para celebrar pasado mañá, domingo,...

Luis López destaca a importancia de festas culturais como a do Día de Colón,...

0
O presidente provincial participou na presentación dunha festa que cumpre dez anos e que se celebra os vindeiros 10 e 11 de maio en...

A Deputación atende a demanda das confrarías e agrupacións de mariscadoras e permite destinar...

0
Trátase, tal e como remarcou o presidente provincial, de “dar resposta ao clamor que nos trasladou o sector nas diferentes reunións que tivemos cos...

Publicacións Relacionadas