Home Deputacións Deputación Pontevedra Preto de 400 persoas xubiladas da provincia comezan esta semana novos obradoiros...

Preto de 400 persoas xubiladas da provincia comezan esta semana novos obradoiros de “Depo en Marcha”

- Anuncio -

As actividades formativas deste programa co que a Deputación está a promover o envellecemento activo e a independencia das persoas maiores na provincia comezan esta semana en 20 entidades de 13 concellos

Un total de 365 xubilados de 20 entidades de 13 concellos da provincia comezan esta semana novas accións formativas do programa provincial “Depo en marcha”. A través desta iniciativa, a Deputación de Pontevedra promove a participación e a creación de espazos de encontro e intercambio de experiencias para fomentar o envellecemento activo e a independencia das persoas maiores.

Os cursos comezan este luns con catro obradoiros diferentes. A Asociación de Mulleres que Poden da Estrada comezará un taller sobre a conservación da memoria e a Asociación Amigos dos Pazos de Vigo un curso de teatro. En Salceda de Caselas, as persoas integrantes da Asociación de Xubilados e Pensionistas iniciarán un obradoiro de habilidades dixitais para o uso cotiá e a Asociación Centro Social Cultural e Recreativo de Cedeira en Redondela outro de informática avanzada.

Para o martes 19 comezan catro cursos. A Asociación de Veciños de Beade e a Asociación de Veciños da Travesía de Vigo e Arrabaldos as Nosas iniciarán un taller de risoterapia e outro de musicoterapia respectivamente. Pola súa banda a Asociación de Veciños San Esteban de Noalla en Sanxenxo beneficiarase dun curso de ximnasia de mantemento e a Unión Polideportiva Bolos da Carrasca de Nigrán doutro de pilates.

O mércores 20 comezan dous cursos en Redondela: a Asociación Cultural e Social de Chapela ten seleccionado un obradoiro de risoterapia e a Asociación de Veciños de Chapela un sobre plantas medicinais. En Bueu, a Asociación Cultural da Vieira participará nun obradoiro de terapia emocional e en Baiona, a Asociación Ardelume Baíña noutro sobre a conservación da memoria.

O xoves 21 arrancan outros tres cursos. As persoas integrantes da Asociación de Familiares de Personas Afectadas de Alzheimer de Moaña comezarán un taller de risoterapia, a Asociación Veciñal e Deportiva Cultural Miñoteira de Redondela un sobre habilidades dixitais para o uso cotiá e a Asociación Veciñal e Cultural San Martiño de Rebordelo en Cerdedo-Cotobade outro de ximnasia de mantemento.

O venres 22 a Asociación Xubilados e Pensionistas Santa Eulalia de Meira de Moaña comezará o taller de habilidades dixitais para o uso cotiá e a Asociación de Mulleres Rurais Mar e Agro de Bueu sobre terapia emocional. No mesmo día comezará o curso sobre plantas medicinais para o Círculo Cultural Abrente de Mos e sobre restauración de mobles e tapicería para a Sociedade Cultural do Viso de Redondela. Este mesmo curso foi o escollido pola Asociación de Mulleres Rurais A Telleira de Dena de Meaño, que se iniciará o sábado 23.

Estas son algunhas das 130 accións que se ofertaron na actual edición de “Depo en Marcha”, que beneficia a arredor de 3.000 persoas ao longo de todo o ano. A Deputación destina preto de 146.000 euros ao programa e os obradoiros enmárcanse nos seguintes apartados temáticos: ‘Aprendendo da natureza’, ‘Móvete, activando corpo e mente’, ‘Enredando’, ‘Dálle marcha’ e ‘En rede’.

Relacionadas

Concello de Nigrán retira 20kg de lixo de desembocadura do río Muíños na XVI...

0
Unha quincena de voluntarios de todas as idades participaron o domingo na xornada, atopándose fundamentalmente envases plásticos e botellas O Concello de Nigrán sumouse como...

O Concello reúnese coa veciñanza de Pedreiras de Abaixo para explicarlle de primeira man...

0
Os concelleiros Pablo Novas e Marián Sanmartín explicaron que o proxecto do seguinte tramo no que se actuará está adaptándose aos actuais prezos do...

Posta en valor do CIP de Mogor: nova iluminación e sinaléctica para revitalizar a...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou o centro, que se atopa inmerso na execución destas melloras. Está previso que as obras finalicen cara...

O mércores 27 de setembro inaugúrase a exposición “Cartografía de a Raia” no Museo...

0
A exposición poderase visitar ata o vindeiro 8 de outubro en horario de mércores a domingo de 11 a 14 h y de 17...

O Concello do Rosal avanza na mellora da súa eficiencia enerxética con dúas novas...

0
A súa instalación sae a licitación por un importe de case 95.000 euros financiados ao abeiro do Fondo de Cooperación Local O Rosal camiña con...

O Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona ofrece catro contacontos...

0
A Concellería de Cultura, a través do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal, ofrece catro contacontos infantís a través do programa de dinamización da...

Publicacións Relacionadas