O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu este sábado no Centro Social de Salcedo (Casa Verde), en Pontevedra, á homenaxe organizada pola Confederación Galega de Asociacións Veciñais (COGAVE) en recoñecemento a Carmen Avendaño como pioneira na loita contra o narcotráfico en Galicia. No acto, ao que acudiron diversos representantes da sociedade galega, destacouse o papel da viguesa como creadora da Asociación Érguete a mediados dos anos 80, co fin de apoiar a mocidade drogodependente.